lunes, 2 de noviembre de 2015

Sábado 31 de OUTUBRO do 2015

No programa de hoxe temos que disculpar a ausencia do noso colaborador habitual na Baixa Limia, XOSÉ LAMELA, que está de viaxe cara estas terras catalanas, comezamos a emisión propoñéndolles escoitar unha peza de música galega, namentras nos comunicamos co Presidente da A.C.G.AGARIMOS, de Badalona, don JUAN PRIETO, que nos informa das actividades realizadas nesa Entidade e da próxima celebración do MAGOSTO-2015.

Despois LAURA SANTOS, fainos de correspondente da A.C.G.AIRIÑOS da NOSA GALICIA, de Santa Coloma de Gramanet, e tamén nos informa das actividades e próxima celebración do Magosto-2015.

Logo conectamos con don ALFONSO RICO, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos pon ao corrente da celebración e convite, hoxe mesmo, ao MAGOSTO-2015, así como tamén das diversas actividades previstas para as vindeiras datas.

Na segunda hora, como cada semana, conectamos coas Rías Baixas, para falarmos co noso correspondente XULIO SIMÓN, que nos ten preparada unha entrevista con KIKO DASILVA, de UNIDAD HERMÉTICA. Conversamos con eles e agradecémoslle a súa aportación.

Para finalizar voltamos a Galicia para falarmos con KIKE de NAVIA, grande amigo e coñecedor das nosas inquedanzas, que comparte connosco, a quen lle agradecemos a súa amable atención.

A vindeira semana voltaremos, con máis noticias, entrevistas e novidades interesantes.
P.D.Os "audios" das diversas intervencións tentaremos "colgalos" nas próximas horas, xa que aínda non dispoñemos deles.

No hay comentarios: