domingo, 8 de noviembre de 2015

SÁBADO 7 do mes dos SANTOS do 2015

Unha semaniña máis tentando falarvos en galego perante dúas horiñas, con música, noticias e entrevistas con colaboradores que coidamos interesantes para todos vostedes. 
Dámoslle a ben-vida ao noso "compañeiro" Xosé Lamela", que ven a facer a súa invernía a estas terras catalanas e despois das presentacións pertinentes conectamos con Galicia para falarmos con don JOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ, un etnógrafo moi coñecedor das terras de Ourense, Verín e arredores, A Gudiña, a Baixa Limia, A Raia galego-portuguesa... ... etcétera, con quen mantemos unha conversa chea de ensino e moitas cousas interesantes.

A segunda entrevista-conversa é con MERCHI ALVAREZ, de GALICIAME, que nos informa moi polo miúdo da "Iª GALA-XANTAR BENÉFICO GALICIAME", nas Adegas de Martin Codax, prevista para o vindeiro día 5 de decembro. Agradecémoslle a súa amable atención e seguiremos en contacto para nos informe das actividades que teñen previsto realizar.

Na segunda hora conectamos con Galicia, outra vez, para falar con MANUEL RIVERO PEREZ, QCoach, Licenciado en Socioloxía, en Antorpoloxía, en Ciencias Políticas, Doutorado en ... ... etcétera (porque senón non cabe nesta páxina). Un grande amigo, fai de mentor del o noso Xosé Lamela, e mantemos unha conversa chea moi engaiolante e chea de ensino en moitos aspectos socioculturais. Fáisenos cativo o tempo e prometémonos voltar a falar con el en vindeiras datas, para seguir aprendendo claro.

Antes de rematar informamos á nosa audiencia que pode asistir ao "Magosto 2015" que están a celebrar na A.C.G.AGARIMOS de Badalona, á que nos convidou esoutro día Juan Prieto, o seu Presidente e que seguro terán todos ocasión de probar as castañas de Riós e os bolos preñados.
A vindeira semana voltaremos con máis novidades e con máis entrevistas. ¡Non faltedes!

No hay comentarios: