sábado, 18 de octubre de 2014

18 de OUTUBRO do 2014

Unha nova entrega desta emisión en galego, dende esta emisora municipal e coa que pretendemos facerlles pasar dúas horiñas de radio entretidas e cheas de información, adubiadas cun chisco de música. Comenzamos dándolles a ben-vinda e adiantándolles o que pretendemos facer, algo do que se encarga de avanzarnos LAURA SANTOS:

A seguir conectamos con Galicia, concretamente coa Baixa Limia, co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao convidado-interlocutor desta semana: don DAVID PÉREZ , un arqueólogo con quen mantemos una conversa moi ilustrativa e chea de ensinanzas. Agradecémoslle-lo e contamos voltar a falar con el en vindeiros programas.

Na segunda hora chamamos a XULIO SIMÓN, que sempre nos ten preparadas algunhas informacións e noticias moi interesantes, todas elas relacionadas coa nosa cultura, tanto literaria como festeira ou musical. A vindeira semana voltaremos a ter a súa colaboración semanal con máis contidos e seguro que con moitas e interesantes novidades.

Aproveitamos a oportunidade que nos ofrece o Sr.Presidente do C.R.D.O.RIBEIRO, don MIGUEL ANXO VISO DIÉGUEZ, con motivo da súa participación no FORUN GASTRONÓMICO de Barcelona, e da Festa-Presentación que farán no Hotel Marina. Agradecémoslle a súa amable atención e prometemos voltar a falar con el para que nos valore esta experiencia en Barcelona.

E para finalizar o programa de hoxe non queríamos deixar pasar máis días sen poñernos en contcto coa ASOCIACIÓN C.G.ROSALÍA DE CASTRO, para que nos informaran das moitas actividades que están a desenvolver, como cada ano, pero algúns eventos de grande sona na cidade, como é o MAGOSTO SOLIDARIO, que se celebrará a finais da semana do 31 de outubro e 1 de novembro.

Desexamos voltar a contar coa vosa audiencia, o vindeiro sábado, á mesma hora. Prometémoslles outro programa máis, con moitas e interesantes entrevistas e novidades. ¡Graciñas por seguirnos!

No hay comentarios: