domingo, 5 de octubre de 2014

Primeiro programa da tempada 2014-2015

SÁBADO 04 de outubro do 2014

Comezamos unha nova tempada con azos e desexos de compracer a tódolos nosos oíntes e seguidores. Estamos traballando para mellorar algúns elementos técnicos e poder ofrecer melloras na nosa audición; seguro que acadaremos os obxectivos prantexados. Xa vos iremos informando. Polo que respecta ao programa de hoxe teremos as asiduas conexións de sempre, primeiro coa Baixa Limia, despois coas Rías Baixas e entremedias algunha que outra intervención interesante que seguro será do voso agrado. Seguimos os mesmos: Mar Fort, nos  controis técnicos, Laura Santos, Armando Fernández e un servidor (Xulio Couxil) nas locucións e os nosos correspondentes Xosé Lamela, Xulio Simón e Paco Rivas. Así pois encetamos a emisión de hoxe poñéndonos en contacto con XOSÉ LAMELA, acompañado do seu convidado : XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ.

A segunda conexión é co Presidente do Coro Tradicional Cantares do Brión (Vincios-Gondomar), don Xosé Manuel García Crego, con quen manteemos unha pequena conversa en col do seu primero traballo publicado: ARRUIDOS, namentres escoitamos de fondo algún tema deste CD.

Na segunda hora falamos con XULIO SIMÓN, que sempre ten algunha novidade ou noticia moi interesante relacionada coa nosa cultura. Tamén nos pon os dentes longos falando da Festa do San Froilán en Lugo, convidando aos nosos oíntes a que pasen pola cidade amurallada para disfrutar dalgún dos moitos concertos ou degustar unha ración de polvo...

Finalizamos o programa comentando unha das noticias cegadas á nosa Redacción e que ampliaremos con máis detenimiento nunha viniera emisión, relacionada coa Festa do RIBEIRO, que se celebrará o día 22 de OUTUBRO en Barcelona, pero que aproveitaremos o contacto co Señor Presidente do Consello Regulador (don Miguel Anxo Viso) para que nos fale deste evento e de moitas cousas máis. A vindeira semana non teremos programa debido á retransmisión deportiva, pero convidámolos a que volvan a sintonizarnos o vindeiro sábado día 18 que seguro teremos moitas a interesantes cousas que ofrecervos.


No hay comentarios: