domingo, 3 de noviembre de 2013

Un sábado máis comezamos o noso programa de radio en gallego, dándolles a ben-vinda a todos e presentándolles o noso equipo, hoxe ao completo. Despois de escoitar unha peza de música galega poñémonos en contacto co noso correspondente XOSÉ LAMELA, na Baixa Limia, que nos tiña preparado unha conversa-entrevista co Profesor da Universidade de Barcelona Camilo F.Valdeorras, pero por motivos de desprazamento e covertura non puidemos contactar con el, xa que se atopaba de viaxe... Noutra ocasión tentaremos falar con el. 

 Acabando a primeira parte desta nosa emisión falamos con DÉBORAH ALBARDANEDO, Axente Literario e representante de FRANCISCO NARLA, que nos informa da próxima presentación da novela RONIN - a vindeira semana - deste autor lucense, que tantos éxitos ven colleitando. 

 Na segunda hora conectamos novamente con Galicia para falarmos con XOAN LUACES FANDIÑO, responsable do selo musical en Galicia de Fol Música, que nos fala da súa importante tarefa neste eido e aproveitamos para que nos comente algunhas cousas interesantes sobre RODRIGO ROMANI, a quen coñece persoalmente e ilústranos coas súas informacións.

Chamamos a XULIO SIMÓN, en Combarro, para que nos faga a súa exposición de recolleitas Literarias e Culturais que nos ten preparadas. Servirá de referencia para moitos estudiosos, este traballo que tan minuciosamente nos aporta o noso corresponden. Cando teñamos en marcha a nosa Páxina Web do programa poderemos consultalo todo na súa sección, que levará por título: "O AIREXIÑO DA MAREXOLA".


Informámoslles que poden pasar pola Asociación C.G.Rosalía de Castro, para participar no Magosto Solidario e degustar as castañas asadas e de compango viño do Ribeiro.  
 Rematamos o programa escoitando unha peza máis de música e desexando que pasen unha semana agradable, sen esquecerse de voltar a conectarnos o vindeiro sábado á mesma hora.

No hay comentarios: