viernes, 15 de noviembre de 2013

Programa do pasado sábado 9 de NOVEMBRO do 2013

Debido a certas "obrigas personais" non tiven a ocasión de subir antes o noso programiña do sábado pasado, pero agora mesmo o fago, pedindo disculpas a todos vosoutros polo retraso. A primeira hora dedicámonos a falar co noso correspondente na Baixa Limia, como cada semana, XOSÉ LAMELA, que nos presenta a SIMONE SAIBENE, que coñecemos dunha anterior intervención e conversa. É o director da película recén estreada en Galicia: 9 OLAS, e da que falamos con moito detenemento e interese. Agradecémoslle a súa atención e prometémonos voltar a falar con el en vindeiras datas. 

 Despois de breves comentarios e informacións sobre os dous discos que nos facilitou o noso amigo e xa colaborador XOAN LUACES FANDIÑO. A nosa Laura Santos fainos un pequeno percorrido pola traxectoria de RADIO COS, dos que escoitaremos varias pezas ao longo do programa de hoxe. Tamén falamos do disco-libro CANTANRES GALEGOS

 Charlamos coa Directora, dona AMELIA LÓPEZ, do Grupo de Teatro ANDURIÑA, da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos informa da traxectoria deste Grupo e da vindeira posta en escea, por cuarta vez, da obra adaptada de A.R.Castelao: Os Vellos non deben namorarse, en Lleida o vindeiro día 23 deste mesmmo mes dos Santos. Agradecémoslle-lo e desexámoslle moitos éxitos ao Grupo Teatral Anduriña. 

 Esta semana non teremos a Xulio Simón nin tampouco podemos falar con Paco Rivas, por motivos diversos. Poñémonos en contacto con XOSE CARLOS G.G., responsable de Cultura da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos pon ao corrente dos diversos actos previstos para este trimestre, na Entidade. Aproveitamos para interesarnos sobre o Premio de Poesía Rosalía de Castro, que se celebrará o vindeiro día 30 deste mes, cunha cea de gala na Sede Social. Aínda non está confirmado a composición do Xurado do Premio, pero adiántanos que será todo un éxito de realización, alomenos pola cantidade de participantes nesta edición 2013. 

O vindeiro sábado tentaremos ofrecerlles outro programa interesante, cheo de sorpresas e novidades. 
¡Que pasedes unha semana moi feiticeira!

No hay comentarios: