luns, 22 de febreiro de 2010

Programa do 20 de febreiro do 2010

Comezamos coa sintonía de sempre -Tolemia de Cristina Pato-, pero unha vez feita a nosa presentación escoitamos unha composición creada e interpretada por Alfredo González, artista e músico moi coñecido e apreciado pola colectividade galega en Cataluña, titulada: "Hino a Rosalía de Castro de Cornellà". Un agasallo deste galego de Becerreá, que lle fai este presente ao noso programa e moi concretamente para a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, con motivo do seu 30 cumpleanos.

A nosa primeira comunicación en directo é con Carmen Rozas, poetisa galega que dende Ponferrada nos pon ao corrente da súa proposición de "Apagón Eléctrico Xeral" para o día 15 de marzo vindeiro. Podedes atopala no facebook, xa que ten unha plataforma con esta proposta. Segundo nos explica xa ten máis de 1000 simpatizantes ou seguidores desta plataforma, á que se engadiron outras máis, sensibilizadas coa súa proposición. Agasállanos coa declamación de dúas das súas poesías. Unha en galego, e outra en castelán adicada á aldea de seus pais.

Despois dámoslle a ben-vida a Manuel Uría "Xacobe", o mantedor da páxina de Aldea de Coro, que nos fai partícipe das súas inquedanzas e convida aos nosos oíntes a participaren con el neste proxecto tan feiticeiro, visitándoo e tamén enviando os seus escritos ou aportacións. Participa nesta conversa-tertulia o noso amigo e colaborador Kique de Vidal, de Navia.

A seguinte comunicación é con Rafael Lema, un escritor da Costa da Morte que nos engaiola polas súas publicacións. Neste caso fainos un pequeno percorrido pola obra que titula: "El Camino Secreto de Santiago". "Un excelente libro, que por fin, trata sobre a verdade do camiño, as súas bases precristianas, e a forza de Finisterre e da súa ruta como centro de toda esta creación interesada, por fin ousa alguén dicir que Santiago non está enterrado en Compostela... ..." As preguntas e respostas que lle fai o noso amigo Kique, dan boa conta dun traballo moi profundo e interesantísimo, para todos aqueles interesados no Camiño de Santiago.

Unha vez máis, como cada semana voltamos a comunicarnos con Xulio Simón, que nos pon ao corrente de moitas e interesantes cousas que están a suceder en Galicia, moi relacionadas co noso entorno e coas nosas inquedanzas. Fainos un percorrido das ultimas novidades e voltamos a disfrutar coas súas intervencións.

Para rematar facémonos eco dalgunha interesante noticia que chega á nosa redacción, intercalándoa coa escoita dalgunha das creacións-composicións que nos agasallou o noso amigo Alfredo González, e aínda nos da tempo para saudar en persoa a Xulio González, que foi a primeira persoa que nos chamou á nosa radio para participar no noso Concurso-Sorteo de 4 reloxos que puxemos en marcha o pasado 8 de febreiro. Por certo, os que aínda non enviástedes a vosa suxerencia ou comentario á nosa páxina, aínda estades a tempo. ¡PARTICIPADE, é GRATIS!, tan só hai que deixar un comentario na nosa páxina para recibir un número.

Seguiremos a traballar para poder voltar a vindeira semana con máis noticias, novidades, entrevistas e cousas interesantes para tódolos nosos seguidores. ¡Graciñas por estardes ahí! e ate a vindeira fin de semana, que tentaremos voltar a entretervos coas nosas propostas.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...