sábado, 6 de febreiro de 2010

Programa do 6 de febreiro do 2010

¡Ben-vidos! un día máis a este recuncho de radio en galego.
Comezamos con música galega e adiantámoslles que temos dúas horiñas de radio moi cheas de comunicacións, entrevistas e conversas de grande interese. Seguro que o pasarán agradable con nosoutros. Tentamos que se divirtan e tiren proveito do que lles ofrecemos.

Establecemos a nosa primeira comunicación con don Ernesto Lagarón, Presidente de Saudade que nos informa da celebración da XII Festa do Entroido da súa Entidade, para o día 20 de febreiro ás 21 horas. Tamén nos convida a participar na Conferencia-Coloquio que se realizará na Sé Social de Saudade o vindeiro sábado 13 de febreiro, a cargo de don Artur Mas.

Agora tócanos falar con don Andrés Montesinos, Alcalde de Viana do Bolo para que nos poña ao corrente das cousas que se están a suceder naquelas terras do interior galego, con relación ao "Entroido de Viana" e da "40 Festa da Androlla", que se vai a celebrar próximamente na vila, concretamente o día 14 de febreiro vindeiro. Agradecémoslle a súa participación.

A seguinte comunicación é con Miguel Anxo Fernán-Vello, dramaturgo e poeta galego, xunto con Carlos G.González, vocal de Rosalía de Castro. Intervimos na conversa os catro contertulios, é dicir: Un servidor, Kike de Vidal de Navia, Miguel Anxo e Carlos. Comprometémonos a facer outra comunicación-conversa en viendeiras datas para falarmos de María Casares...

A segunda hora comezámola cunha peza de música e deseguido conectamos con Madrid-Iberjoya, onde se atopa don Pedro Pérez, da directiva do Grupo DUPLEX http://www.grupoduplex.com/, que ven de agasallarnos con 4 reloxos da marca DOGMA, para que tódolos nosos oíntes que o desexen participen no "2º Concurso-Sorteo do noso Programa de Radio Sempre en Galicia-2010". Na anterior entrada deste blog atópanse publicadas as bases para poder recibir un número de participación no sorteo. Agradecémoslle públicamente a súa participación e convidamos a tódolos oíntes a que participen.

E para rematarmos o programa novamente comunicámonos co Viana do Bolo para falarmos con Carlos Ares, un dos homenaxeados, este ano coa "Androlla de Ouro" pola publicación da súa páxina web en Internet, relacionada con Viana do Bolo, con abundantísima documentación. Felicitacións por acadar tal honor e animámolo a que siga nesa teima de dar a coñecer aquelas terras de Viana que paga a pena visitalas de cando en vez.

Voltamos a convidarvos a que participedes no noso "2º Concurso-Sorteo" e que volvades a conectar con nosoutros a vindeira semana.

Novamente

2 comentarios:

Anónimo dixo...

http://www.youtube.com/watch?v=jDA9de9VSOU

UN POUCO DE MÚSICA E DE MEMORIA!!!

semprengalicia@gmail.com dixo...

Anónimo:
Se nos dis o teu enderezo ou o eu nome, corresponderache un número para noso Concurso-Sorteo.
Saudiños.
Xulio C.

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...