Saltar ao contido principal

Programa do 16 de xaneiro do 2010

Como todos vostedes saben, a dirección do programa deste día 16 correspondeulle a SERXIO SEOANE, o noso colaborador encargado de aportarnos a maioría das novidades musicais que sempre nos chegan á redacción. Comeza indicando cales son as súas pretensións perante esas dúas horiñas de radio en galego para todos os nosos oíntes. A súa primeira conexión é co responsable da "Feira do Polbo" - falan SERXIO e SUSO RODRÍGUEZ - de Agarimos de Badalona, que aproveita a ocasión para convidar a tódolos asistentes ao evento agasallándoos cunha botella de bon viño si se achegan alí mañá, domingo. O noso agradecemento pola súa oferta e aportación.

Deseguida fai unha conexión con Vigo, onde me atopaba un servidor de vostedes, Xulio Cougil, e fágolle un pequeno resumo de todas aquelas cousas que estiven a realizar e que teñen algunha relación coa nosa emisión e coa nosa cultura galega. Doulle a grazas pola súa chamada e deséxolle un programa entretido e con moito éxito.

A seguinte comunicación e conexión, en directo é con Ricardo Pérez Anta, o Presidente da "Asociación Cultugal Galega ROSALÍA DE CASTRO", e manteñen unha amena conversa relacionada coa Asociación, coas súas Actividades e cos proxectos de futuro.

Despois conecta con Galicia novamente, e en concreto con XULIO SIMÓN, que nos pon ao corrente da novidades máis salientables relacionadas coa nosa Cultura Galega, en especial as que fan referencia ao noso idioma, o galego.

Remata o programa coa audición de varias pezas de música galega, despois de manter tamén unha pequena conversa co noso Técnico de Sonido MARC, que nos deixa para desprazarse a Italia cunha beca de estudio-traballo e ampliar os seus coñecementos na súa especialidade. Desexámoslle o mellor nesta nova andaina. ¡Moita sorte Marc!

A vindeira semana voltaremos a estar aquí e desexamos que volvan a participar connosco e disfrutar coas nosas propostas de entrevistas e música da nosa. Pasen unha semana "xeitosa".

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant