sábado, 23 de enero de 2010

Programa do 23 de xaneiro do 2010

Comezamos un novo programa de "Sempre en Galicia" coa sintonía de sempre, "Tolemia de Cristina Pato" e adiantándolles que estaremos perante as dúas horiñas falando e dándolles comunicacións en galego tanto as que se producen aquí, no noso entorno catalán, como aquelas que nos chegan dende Galicia á Redacción. Unha primeira introducción do que pensamos facer e unha nova proposta para que escoiten a nosa música galega.

A nosa primeira comunicación-conversa é con "Kique de Navia", colaborador, escritor, poeta e grande coñecedor das nosas cousas galegas. Ven de pasar unha tempada de lecer e descanso en Galicia e fainos unha pequena introducción do que xa semella un grande atraso e un atranco para o noso idioma galego, a pretensión da posta en marcha do decreto do galego. Tamén nos lembra que nestas datas celebramos o pasamento de Andrés Dobarro, un grande compositor e músico galego a quen lle debiamos facer algunha mención especial. Así lle-lo prometemos e buscamos na nosa discografía para poñer en antena unha peza do disco homenaxe a Dobarro, precisamente "O tren". Despedímolo desexando que poida estar canda nós nestes estudios nunha vindeira e próxima ocasión, aportándonos algo do seu bon facer.

Xa na segunda hora, e no final do programa conectamos con Galicia, concretamente con Paco Rivas, o noso poeta da Mariña Lucense, que nos fai un breve percorrido polo acontecido nesta semana, e que lle alporiza un chisco todos eses atrabancos que pretenden facerlle ao noso idioma e remata a súa intervención, coma sempre, coa declamación de varios poemas da súa creación.

Presentámoslle a Sergi Herrero, o noso novo Tecnico de Son, que sustitúe a Marc. Desexámoslle unha boa emisión, e que poida disfrutar coa nosa comapaña e as nosas eleccións tanto musicais como as conversas e entrevistas que vaiamos realizando.

Desexamos que volvan a conectarse connosco a vindeira semana.

2 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Xa vexo que se van relevando persoas, pero a maxia que tedes creada continúa. Unha aperta dende o medio e medio do país.

"Sempre en Galicia" - Radio Cornellà : 104.6 FM dijo...

¿Gracias pola túa fidelidade!
Seguimos ahí e estamos a preparar o segundo "Sorteo dunha fin de semana e productos Galegos de Calidade" con motivo do noso "cumpleanos": 24 ANOS de emisión en galego.
Xa che contarei e xa che direi cómo vai a cousa.
Unha aperta