martes, 5 de mayo de 2009

Concurso - Sorteo dunha Fin de Semana en Galicia


1º SORTEO - CONCURSO
Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia.


Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aquí mesmo, e que desexamos sirva para que os nosos oíntes e participantes se interesen e coñezan un pouquiño máis algunhas zonas da nosa Galicia.

Concurso-Sorteo dunha “FIN DE SEMANA (venres e sábado para dúas persoas, durmir e desaiuno gratis) NUN HOTEL-VIVENDA RURAL EN GALICIA”.
Os participantes teñen que enviar un correo a semprengalicia@gmail.com . Aquí mesmo, no final desta entrada, atópanse as Referencias das Casas-que sortean a Fin de Semana e o Lote de Produtos.

Así pois, terán que enviar un correo electrónico ó noso enderezo:

semprengalicia@gmail.com, solicitando un número para cada unha desas Casas (polo tanto poderán acceder a 7 números por participante). Eses números serán efectivos cando teñamos confirmación da súa recepción por parte dos concursantes. Para ter dereito a eses números teñen que indicar algunha característica da casa-hotel-vivenda rural que anunciamos ao final desta entrada. No caso do Lote de produtos, trátase de que vos poñades en contacto co seu fabricante e que nos indiquedes algunha característica ou dato da súa explotación. A concesión do premio non garantiza a data de ocupación, que terá que ser concertada cos responsables das diferentes Casas Rurais

3.- Os concursantes COMPROMÉTENSE a dar a coñecer este Concurso-Sorteo a un mínimo de 5 (cinco) coñecidos (amigos, simpatizantes, parentes, internautas, blogueiros...etcétera). Como de esta operación non podemos ter confirmación nin comprobación é polo que solicitamos ese compromiso a tódolos participantes. Confiamos na seriedade e responsabilidade para non interferir na boa marcha do concurso sen provocar dobres solicitudes nin repeticións.

4.- Tamén se poden conseguir números chamando aos teléfonos de Radio Cornellà : 933 778 200 ou 933 778 055, os sábados de 18 a 20 horas, cando se emite o noso programa “Sempre en Galicia”.

5.- A realización do Sorteo farase coincidir coa celebración da “Festa Galega” de CAN MERCADER en CORNELLÀ DE LLOBREGAT, o día 14 de xuño concretamente, en presencia dun dos patrocinadores deste sorteo, diante dos asistentes á Festa para levantar Acta do mesmo. Este mesmo patrocinador aproveitará a ocasión para facer entrega persoal dalgún dos agasallos do concurso.


Agardamos unha participación noble e abondosa.


¡¡¡ Sorte para todos !!!


Casa nº 1: Xanela da Lúa

Ubicación: Lira-Carnota (A Coruña)
Teléfonos: 981 761306 e 617 485182

Casa nº 2: Santa Mariña da Ponte. Hotel-Spa

Ubicación: Concello de Viana do Bolo (Ourense)
Tfono: 988 340 257

Hotel Rural nº 3: Hotel Vila de Viana

Ubicación: Praza Maior,12. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfonos: 988 329 205 e 638 715 253

Vivenda Rural nº 4: A Nosa Casa . Restaurante

Ubicación: rúa Liberdade,2. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfono: 988 329 317

Hotel Rural nº 5: O RETORNO

Ubicación: Rúa Mazairas, 2. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfonos : 988 340 415 e 616 422 862

Vivenda Rural nº 6: MIRADOR DA RIBEIRA

Ubicación: Rúa Santo Cristo, 12. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfono: 988 329 309

Lote Nº 7: Queixos do XURÉS

Ubicación: Vilameá de Rio Caldo. Lobios (Ourense)
Teléfono: 605 080 015

¡ ¡ ¡ Moi importante ! ! !

Dada a repercusión que entre todos lle estades a dar a esta iniciativa, contamos cunha nova incorporación. Trátase da CASA RURAL ROSALíA, de Lobios. Tendo en conta o importante número de participacións xa adxudicadas, decidimos que esta CASA sortearase entre tódolos participantes do Concurso que non acadasen premio algún nos sete anteriores.
¡ ¡ ¡ Ánimo que xa hai un motivo máis para participar ! ! !

50 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Nesta leria estaremos, Xulio!!!.
Xa tentaremos estender polo blogomillo esta magnífica iniciativa.
Tan axiña como teña tempo a Chousa unirase á proposta. (E gustarame gañar algún dos premios!!!!)

"Sempre en Galicia" - Radio Cornellà : 104.6 FM dijo...

Moitas grazas, Chousa.
Agardo que poidamos incluír tamén esoutra Vivenda Rural que me comentabas en días anteriores, se é posible, claro.
Teño algo de "mosqueo" porque hai algúns trabancos con relación ao día do sorteo. Xa cho comentarei con detenemento, cando nos chamemos.
Saudiños.

Zeltia dijo...

Hoxe vin o conto no meu correo, e tamén me avisou Chousa.
Eu non vou avisar a 5 coñecidos, vou avisar a máis!
a Emma e Nela Abella
a Estrella,
a Merce a do mesón O Chicote (cómese e bébese moi ben alí)
a Carlos o de Cabanas
a Sagri, a da inmobiliaria (ten moi boas ofertas, por se precisades)
a Carmen, a da iluminación leed (se precisades cambiar iluminación, seica se aforra moito)
a Nacho, o das dornas
a Merce, a sicóloga (se vos patina algo a neurona, e moi boa, eu estou así porque a min no me trata)
ó meu fillo, que llo diga ós seus colegas
e ós blogs "Os ventos de todos os lares" e "Ninsesabepuntocom"

"Sempre en Galicia" - Radio Cornellà : 104.6 FM dijo...

Pois moitas GRACIAS, pola vosa axuda e colaboración. Terei que pedir axuda para compensar a vosa desinteresada participación.
Unha aperta saudosa.
X.C.

Anónimo dijo...

Espero tener suerte, porque me gustaría disfrutar en alguna de esas fabulosas Casas Rurales.

mjarba

Chousa da Alcandra dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Chousa da Alcandra dijo...

Zeltia: Cando volvas da fin de semana, dío tamén polo patio de luces mentras recolles a roupa; que seguro que a veciñanza está coa orella tendida, e ofertas coma esta non se ven nin siquera no Carrefuxo!

Zeltia dijo...

pois agora que o dis, non che me parece ningunha mala idea!

;-)

Zeltia dijo...

Xa deixei un post no meu blog, falando das preciosas casas rurais, e dos queixos especiais. Así que espero confirmar números para o sorteo! (podes mandarmos o correo electrónico se o ves millor)
:-)
velaí:

http://zeltia.zoomblog.com/archivo/2009/05/10/sorteo-ifinde-en-hotel-casa-rural-en-g.html

"Sempre en Galicia" - Radio Cornellà : 104.6 FM dijo...

A verdade é que eu estou a "mil anos luz" do que facedes vosoutros. Teño que recibir moitas clases para poderme poñer ao día no asunto blogueiro. Sinto moito non poder facer algo sememllante a vosoutros e pídovos disculpas pola miña ignorancia. Fago o que podo...
Bueno, desculpas á parte. Xa deberías ter no teu correo os números que che corresponden para o Concurso-Sorteo.
P.D.Pouco a pouco vou aprendendo (pouco, claro) mirando os vosos extraordinarios traballos... ¡Graciñas outra vez!

Chousa da Alcandra dijo...

Quedou perfecto Julio; agora xa verás como en pouco tempo vamos saturarche o buzón de correo!!

saraiba dijo...

Hei, aquí está Saraiba dos ventos de todos os lares. Os ventos soplan por aquí e por acolá. A ver si pola tarde teño un pouco de tempo e fago os deberes, o de mandar o anuncio a mais xente, esa zeltia xa me colleu todos os meus contactos, ainda así se fará o que se poida para difundir esta boa iniciativa
Non sei cantas veces mandei este comentario, jajajaja

"Sempre en Galicia" - Radio Cornellà : 104.6 FM dijo...

Pois adiante, SARAIBA DE TÓDOLOS VENTOS, a resposta e os números estante agardando.
Saudiños

Pilar dijo...

Hola a todos.
Son Pilar de Viana do Bolo e vos escribo para confirmar que recibín os números para o concurso. Mandei as bases a bastante xente, e agora só espero que participen. Graciñas polo voso esforzo.
Unha aperta

A lareira de Santiso dijo...

Ola!
acabo de saber por Chousa deste conto do sorteo e alá vou!
Apertas

Vanessa

A Ulloa en fotos dijo...

Chegáronme as bases e, aínda que non vou a participar, penso cós mais afortunados serán os que leven o queixo do Xurés. É excelente!!!!
Un queixo ben distinto do da Ulloa pero igual de exquisito.
Coñezo Lira (saúdos a Costa da Morte) pero por Viana só pasei de camiño a Vilariño de Conso e non podo dicir nada.

Saúdos dende a Ulloa

Barreira dijo...

Pois alegrome desta iniciativa. Conta coa miña participación. E alegrome de descubrir este blog. Estaremos en contacto.
Saudos.

"Sempre en Galicia" - Radio Cornellà : 104.6 FM dijo...

Ola:
¿Xa recibiche-los números.
Estoume facendo algo de lío cando non vexo o comentario no noso blog, pero coido que daremos conta do recado e agardamos non ter demasiados erros...
Graciñas polo espallamento que estades a facer desta idea.
Unha aperta para todos.

A lareira de Santiso dijo...

Eu xa teño numeriño! A ver se hai sorte, e parabéns pola iniciativa.
Apertas.

mencía dijo...

Pois eu xa recibín o correo co nº, teño o 011, agora a esperar a ver se me toca.
Parabéns por esta idea xenial e por espallar o sentir e a fala galega por ahí adiante.
Saúdos.

"Sempre en Galicia" - Radio Cornellà : 104.6 FM dijo...

Vale, Mencía.
Coido que o teu número é dos que acostuman a saír nas loterías semanais, así que gardaos con "tento" porque seguro poderás ter unha "sorpresa".
Teño que facer unha nova entrada no blog avisándovos dunha NOVIDADE moi interesante e importane, pero coido que agardaréi ao fin de semana para dárvola primeiro, en primicia, pola Radio, no noso programa SEMPRE EN GALICIA, estade "ao loro", e nunca mellor dito. Graciñas polo voso apoio e graciñas pola vosaparticipación.
Sodes unhos "Craks".
Saudiños coridiais para todos.

olga dijo...

ola Xulio!, xa recibín os números para a participación no sorteo das casas rurais. Ahinda que é moi baixo, debo de ser das primeiras participantes. Espero ter sorte.
Tamén o espallarei entre as miñas amizades para que coñezan a terra.
Unha aperta.

Rubén dijo...

Moitas gracias por el envío de los números. Conozco bastante Galicia (víví dos años en Tuy) y sería para mí fabuloso tener la suerte de poder disfrutar de un fin de semana en una de esas maravillosas casas rurales. Creo que es una buena manera de estar en contacto con la gente del pueblo y con la soñadora Galicia rural. ¡Ojalá nos veamos en Galicia!
Saludos cordiales y enhorabuena por vuestra iniciativa.



Rubén

Chousa da Alcandra dijo...

Boeno, pois eu tamén acuso recibo do meu número para o Sorteo.
Non sei se resultarei agraciado con algún dos premios ou non; pero o certo é que xa me considero agraciado por ter a ocasión de participar nunha iniciativa tan interesante.
Parabéns unha vez máis Julio!

(Decirlle a Olga que Julio ten un sistema de adxudicación de números moi sofisticado, que vai dando participación de xeito aleatorio; de xeito e maneira que o número adxudicado non ten que ver coa orde na participación. Tecnoloxía pura!!!)

Ex Traño dijo...

moi boas,

o 13 e un nnmero que sempre da sorte
as veces boa, as veces mala
pero sorte seguro

xa estou na leria de espallar a nova do concurso y de momento parece que prendeu a idea, aver si se animan a participar, porque a xente non acaba de atopar sinxelo esto da interne....
felicita aos patrocinadores por ofrecer premios tan apetecibles porque asi xa tes feito a metade do choio
y gracias por argallar cousas coma esta, e unha forma de marketing xenial toda vez que tarxeta de presentación moi agradable

unha aperta e ata pronto

Zeltia dijo...

Non seii se che confirmei que eu tamén teño o meu numeriño gardado no correo electrónico qaue me enviaches. Deixoche o comentario porque xa non lembro se che confirmei que o recibira ou non.
Tamén espallei por ahí o conto do sorteo, agora xa non está na miña man o que fagan!, eu coido que desperdiciar unha ocasión coma ista é unha parvada; porque é fácil que toque, non como a lotaría
:-)

"Sempre en Galicia" - Radio Cornellà : 104.6 FM dijo...

Alédome moito que sigades aí.
Temos entragado xa unha cantidade importante de números, pero quixera darlle esa información primeiro aos patrocinadores, e despois (quizais no programa da fin de semana que ven) dirémolo en antena e publicarémolo novamente nunha nova entrada, para que vexades que todo está a decorrer con normalidade e que estamos a ter bastante seguimento.
Novamente, a todos : ¡¡¡Graciñas!!!

Cuspedepita dijo...

Nos publicamos onte unha entrada informando e convidando a participar. Tamén pasamos o testigo a catro blogueiros e a información ás miñas compañeiras de traballo.
En breve enviareiche a mensaxe para que me mandes o número :-)
E non te esquezas que xa sabes que eu reclamo !! ;-)

Saúdos

Cuspedepita dijo...

Xa me chegou o correo cos números. Moitas grazas, Xulio. Agora só me fai falta un chisquiño de sorte...

Saúdos para vos e para todos os galegos de Cataluña, que aínda teño uns cantos familiares, amigos e viciños por esa querida terra na que teño pasado moi bos momentos da miña vida (e algún malo tamén, que estaba en Barcelona polo 23-F)

Carlos Sousa dijo...

Voume poñer ó chollo agora mesmo, doulle un repaso ás casas e xa me mando un correo. Moi boa iniciativa.
Un saúdo.

Suso Díaz dijo...

Como ben sabes amigo Xulio, acheguei a nova do concurso aos meus coñecidos coa intemción de que participen e tamén de que lles toque algo se teñen sorte. Apertas

Carlos Sousa dijo...

Xa fixen os deberes, mandenche un correo, puxen un enlace no meu blog, e comentenlle a algúns amigos se querían participar. Agora xa so me falta que me des número e esperar a ter un pouco de sorte, que iso é o máis difícil.

Un saúdo.

Sebas dijo...

Veño a dicir que xa recibin os números para o sorteo e como non teño bló, pois espallei a idea do concurso entre os meus compañeiros de traballo (son + de cinco)

Sebas

Os nenos dijo...

pois eu ya teño os meus numeros, e poal conta que me trae, xa estarei atenta. Por certo, o compromiso de pasar esto a 5 persoas esta cumprido, ainda que eso reduce a miñas probabilidades...
atiamadrina

Vicente dijo...

Ola
Recibín os números para o sorteo
O número 014, un bo número
Moitas grazas

Vicente Maza

Vicente dijo...

Ola
Volvo inténtalo, algo debín de facer mal, pois non vexo o comentario realizado anteriormente.

Só é para comunicar que recibín o número 014 para o sorteo, é un bo número, e se toca, pois moitísimo mellor.

Sobre a segunda quincena de xullo teño pensado chegar a Galicia camiñando, veremos se os plans non se torcen e podo realizalo, segundo os plans previstos. Se todo vai ben, saio para Saint Jean Pied de Port, para finais de xuño e 29 ó 30 días despois chegarei a Santiago e se as pernas responden continuarei ata Fisterra. Déixovos a miña páxina web:
http://club.telepolis.com/caminosantiago

Moitas grazas polos números e boa sorte para todos

Perdoar o meu galego, pero me expreso mellor en castelán
Vicente Maza

Artabria dijo...

Pois eu tamén quero participar, pero coido que non entendín moi ben as bases do concurso......

É suficiente con falar do concurso nos nosos blogs e intentar convencer, polo menos, a 5 persoas para que tamén participen???

DE todas formas, eu xa deixo un enlace no meu blog sobre o concurso. Se hai que facer algo máis, avisademe, que esta non ma perdo..... Un saúdo.

Carlos Sousa dijo...

Ola de novo, Xulio.
Xa che confirmo que recibín o número 19 para o sorteo. Agora esperar a ter algo de sorte. E se non a hai, non pasa nada, estamos acostumados.

Unha aperta

Suso Díaz dijo...

Ola Xulio, xa che confirmo que recibin o número para o sorteo. Grazas

Artabria dijo...

Ola, tal e como vos confirmei por correo, xa teño tamén o meu número. Graziñas. Un saúdo e sorte a todos.

vakastolas dijo...

Eu xa teño o meu numeriño e un enlace no meu blog a esta interesante iniciativa (sobre todo para os futuros afortunados). Moitas grazas e sorte a todos!

MONICA dijo...

BOS DIAS!!! EU TAMÉN TEÑO XA O MEU NUMERIÑO. TEÑO O 052, A VER SE HAI SORTE!! QUE INICIATIVA TAN BOA PARA FOMENTAR O TURISMO RURAL

monica dijo...

XA TEÑO O MEU NUMERO, O 52!!!! SORTE PARA TODOS. MOI BOA INICIATIBA PARA FOMENTAR O TURISMO RURAL EN GALICIA

saraiba dijo...

Xa teño os numeros, moitas grazas.
E por certo.

CAMPEONS CAMPEONS OEOEOEOEOEOEOEOE
Noitos parabens para o Barça

marc dijo...

¿Es aquí dónde hay que decir que ya tengo los números? Es que yo de botones y mesas de mezcla si que entiendo pero de blogs no.
Perdonen que no escriba en galego, pero poco a poco voy aprendiendo algo.

Fermín dijo...

Ola Xulio
confirmarche que recibín o número para o sorteo
Moitas grazas

Anónimo dijo...

OLA SON PABLO, XA TEÑO NÚMERO PARA O SORTEO. O MEU NÚMERO É O 70. MOITA SORTE PARA TODOS!! UNHA APERTA

Nacho dijo...

Boas tardes!
Pois eu xa teño tamen numeriños pra o sorteo... ¡sorte pra tod@s!
Un abrazo!

Daniel dijo...

Pues eso,

que tengo los números. A todos gracias y suerte.

Saludos,

Chousa da Alcandra dijo...

Boa noite compañeiro.
Imaxino que axiña nos contarás o resultado do sorteo. Estou impaciente por coñecer se me tocou algo a min!!!!