sábado, 2 de mayo de 2009

Programa do día 2 de maio do 2009

Unha nova oportunidade de comunicármonos cos nosos oíntes. Comezamos un bocadiño tarde, por mor dalgunhas interferencias técnicas subsanadas rapidamente, gracias ao noso téctino MARC. A verdade é que imos avanzando nesto das novas tecnoloxías, e facemos o que podemos para que todos os nosos seguidores estean debidamente informados. Damos lecturas dalgunhas novidades chegadas á nosa Redacción e seguimos escollendo algunha peza de música para que todos poidamos disfrutar das poucas novidades que nos van chegando. Nesta ocasión facémonos eco e sinalamos a celebración dos 90 anos da creación do Coral de Ruada de Ourense. Felicitacións e escoitamos unha das súas pezas do seu repertorio: Ourense ao lonxe.

Seguimos con máis informacións e facemos a primeira conexión telefónica da tarde con ALEX DE PRADO, acompañante e parella de PAULA, que están a participar no Concurso-xogo: VAI de BAILE que se celebra semanalmente no programa da TVG "LUAR".Podedes ver un video deles nesta ligazón:
http://www.facebook.com/friends/?ref=tn#/posted.php?id=1580341847&share_id=70037478731#s70037478731
Mantemos unha breve conversa con Alex, que nos esplica, polo miúdo, cómo está a pasar esta experiencia que el considera como unha representación dos mozos de Barcelona en Galicia, que tamén saben aportar o seu traballo e investigación sobre as danzas galegas, que non somentes se atopan en Galicia. Desexámoslles moitos éxitos e coidamos que despois do sorteo que xa están nas semifinais, voltemos a falar con el para comentar cómo se atopan de ánimos para afrontar as finais.
Ánimos Alex e Paula. Voltaremos a falar con eles dous, se é posible.

Na segunda hora comezamos novamente con música da "Coral de Ruada". Máis informacións e conectamos coa Mariña Lucense, para falarmos con PACO RIVAS, o noso poeta engaiolador e despois de facermos un pequeno balanzo-adianto das celebracións que se están a preparar para as "Letras Galegas 2009", escoitamos, da súa propia voz e declamación unha fermosa poesía adicada as avoas de todos nós.

Antes de rematar o programa, conectamos con Lleida para falar con Juan R.Gómez Dacal, Membro do Coral CENGALLEI, e Vicepresidente do Centro Galego de Lleida, que nos pon ao tanto de tódalas actividades e celebracións que estan preparando para dar a coñecer, un bocadiño máis se cabe, a nosa cultura galega na Terra Ferma. Aproveita para informarnos da páxina que teñen en Internet (http://cengallei.ning.com/) para que todos poidan ver con detenemento o que ofrecen aos que desexen achegarse ata o Centro Galego de Lleida.

Colocamos aquí un reproductor para ver se podemos "colgar" as anteriores grabacións que fixemos durante os programas anteriores. Esta é unha grabación que fixemos aló polo mes de outubro con XIAO e KIKE na nosa emisión semanal:

No hay comentarios: