Saltar ao contido principal

SÁBADO 27 de MAIO do 2023

Silvia
Un sábado máis con todos vostedes, tentando levar adiante este programiño de dúas horas de Radio en Galego. Despois da nosa sintonía e das salutacións oportunas, ofrecémoslle un bocadiño de música para recibir a primeira convidada de hoxe, que é dona SILVIA CASTAÑEDA, Presidenta da Asociación Cultural Galega "Irmanda Galega de Rubí". Parabenizámola pola celebración da Festa que tivo lugar a fin de semana pasada. Coméntanos a relación dos Premiados no "VI Certame Literario de RELATO CURTO", e que corresponden aos seguintes: Categoría A (Infantil de 6 a 121 anos) María Victoria Brown, coa historia "Mi arbol de moras". Categoría B (de 12 a 18 anos) Rita Cano Mayorga, coa historia "Mirada y sonrisas". Categoría C (Adultos en castelçan) Raquel Ugarriza coa historia "Caído del cielo". E Categoría D (Adultos en galego) Euloxio Fernández, coa historia "Cuestións Filosóficas". Tamén nos comenta cómo foi esa Festa do Pulpo do 19, 20 e 21 de maio, na Rambla do Ferrocarril, en Rubí. Agradecémoslle a súa participación de hoxe. 

Seguimos adiante e conectamos con Galicia para recibir a crónica do noso correspondente na Costa da Morte OSCAR REY CALO, que sempre ten preparado un interesantísimo resumo de noticias que se poden ampliar na páxina oficial quepasanacosta.gal, tal e como informamos cada semana.

Xan Pampin
O seguinte convidado é XAN PAMPIN, líder do Grupo Musical AILÁ. Acaban de publicar o seu último CD que leva por título SANSOLIMON. Precisamente, para recibilo escoitamos unha peza dese novo traballo que se compón de once títulos moi seleccionados. Fálanos dos concertos que están a facer en Galicia e centrámonos no que virán a ofrecer o día 9 de xuño con motivo da Festa Celta que se celebrará no Parque de Can Mercader, de Cornellà, con motivo das Festas do Corpus. "Festa Major" de Cornellà. A Asociación C.G, Rosalía de Castro ten previsto facer a "Festa Galega 2023" os días 9, 10 e 11 de xuño nese emblemático Parque, onde se atopa o busto de Rosalía, e a inauguración farana precisamente este Cuarteto galego de música tradicional "AILÁ", xunto coas Rosalierias da Asociación. Desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

María Xosé Porteiro
Falamos agora coa periodista e escritora de grande prestixio MARÍA XOSÉ PORTEIRO. Case non precisa presntación. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, pasou a súa infancia en Cuba para despois instalarse coa súa familia en Vigo. Traballou e dirixiu diversos espazos radiofónicos. Ten publicado no The Washington Post, na Voz de Galicia, na revista Tiempo, no xornal "l País". Foi Concelleira, Tenente Alcalde, na cidade de Vigo... etcétera. Dámoslle a benvinda e mantemos unha conversa moi agradable e interesantísima. A entrevista discurre preguntándolle algunhas cousas relacionadas coa súa traxectoria e escrita... Adiántanos algo sobre o seu úlitmo libro publicado: "TABIBA", da Editorial Elvira, que está a presentar en diversas localidades, e precisamente unha moi destacada na "Fundación Vicente Risco" na vila de Allariz, para o vindeiro venres día 2 de xuño. Tamén nos fala da novela "Sándalo", da que nosoutros recollemos unha cita doutros periodistas e que a señalan como "a gran novela da emigración". Quédannos moitas cousas que comentar con ela, pero prometémoslles aos nosos oíntes e seguidores que voltaremos a poñernos en contacto con ela para saber máis. ¡Moitas grazas María Xosé"!

Despedímonos dos oíntes como locutores, xa que a continuación escoitaremos a crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que coma cada semana nos ensina algo que compre saber no eido cultural galego.

Fina Casalderey
A continuación escoitamos a entrevista que grabamos con DONA FINA CASALDEREY. Seguro que será do interese de tódolos nosos oíntes e seguidores porque nos informa dalgunhas novidades interesantes e da novela recentemente publicada, que leva por título: "A MULLER XABARIL", editado por Xerais. Unha entrevista-conversa moi interesante que serve para coñecer un bocadiño máis desa grande escritora que admiramos e aprezamos. No próximo mes de xuño faranlle unha homenaxe (moi merecida) a Asociación de Escritores en Lingua Galega, precisamente na cidade de Pontevedra. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moita sorte e moitos éxitos. Seguiremos en contacto.

Deixamos aquí o programa completo.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant