Saltar ao contido principal

SÁBADO 18 de FEBREIRO do 2023

Voltamos a informarlles de que o noso programa reemítese en Radio Roncudo e Radio Neria os Domingos pola mañá, e en RADIOFUSIÓN os luns ás 15h. "Radio Cornellá en Galicia".

Alfonso e Juan Pedro
O programa de hoxe comezámolo, coma sempre coa nos sintonía, dándolles a benvida e despois de escoitar un bocadiño de música conectamos on JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente da Asociación de Bercianos en Cataluña, para comentar con el a celebración do XIX Festival del Borillo-2023 no Hotel Front Air de Sant Boi. Concretamente será a celebración o vindeiro domingo día 26, un xantar excepcional con ese producto típico do Bierzo, acompañados dos Homenaxeados "Bercianos Ilustres" diste ano: don Victor García Alonso (do Mesón del Bierzo) e dona María Luisa Picado, xunto co Concello de Vega de Espinaredo. Os viños serán de Adegas Gancedo, do Bierzo, e os botillos de Embutidos Santa Cruz de Montes. Mención especial a Vallelongo, colaborador berciano. Desexamos que teñan moitos éxitos.

O seguinte convidado é don DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO, "CHEF" do Balneario Caldaria en Lobios. Coa súa participación sabemos algo máis dese extraordinario manxar único e diferente "A Lamprea", que él mesmo cociña cun esmero e delicadeza persoal, posto que o prepara á bordalesa, pero con viño do ribeiro e cogumelos galegos, en pago de viño de burdeos. Tamén nos fala doutros pratos moi especiais, cabra montesa, perdiz... é dicir fainos querer e aprezar, un bocadiño máis, a nosa gastronomía galega. Precisamente nos envía unha foto (que non podemos compartir agora aquí) dun postre que acaba de confeccionar: "falso erizo de mar". ¡Moitas grazas Domingo! Que sigas colleitando moitos éxitos!

Continuamos o programa con outro bocadiño de música e conversamos agora co Ilmo.Sr.Alcalde de Viana do Bolo, don ANDRÉS MONTESINOS, para que nos fale da "51 Festa da Androlla-2023". Mañá, domingo gordo, é o día en que se xuntan os folións de 21 núcleos do Concello, acompañados de comparsas, boteiros e moitísimas persoas para disfrutar dese xantar "A Androlla" que preparan con tanto esmero. Unha celebración aompañada de charangas que animan esa xuntanza con máis de tres mil asistentes, sin contar coas persoas que seguro encherán os Restaurantes da vila e dos arredores. Desexámoslle moita sorte.

Conectamos agora co noso colaborador e amigo HENRIQUE FDEZ-MON SANCHEZ, que sempre ten algunha cousa interesante que comentar con nosoutros. Coméntanos que está rodeado de Adegas de grande prestixio na Ribiera Xacra, e descríbenos unha en especial "Adega Terra Brava", que posúe un "acaneadoiro", bambán ou carriola, máis coñecido como "columpio", que seica se precisa pagar para poder montarse nel, pero que paga a pena porque semella que estés bambeándote enriba mesmo do embalse do río Sil. Agradecémoslle a súa colaboración e participación no noso programa e desexamos que teña un feliz Entroido!

Recibimos a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que, coma sempre, é un resumo moi ben escollido das novidades e noticias que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal, onde se recollen tódolas informacións relacionadas con aquela contorna.

A seguinte intervención é a do noso colaborador LUÍS LOSADA, que dende Pontevedra envíanos a súa aportación Literaria: "Palabras Voadoras" falando de María Casares. Un libro de Arancha Estévez recentemente publicado que nos convida a ler, e coa que posiblemente tentaremos conectar, en vindeiras datas, para entrevistala e que nos descubra algunha cousa máis sobre a súa obra creativa. Moitas Grazas, Luís.

Colocamos aquí o programa completo:



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 27 de ABRIL do 2024

Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en contacto coa Profesora, Licenciada en Filoloxía e Escritora dona REXINA VEGA , a quen parabenizamos pola recente publicación na Editorial Galaxia, dese seu libro:  "O teu perfil na miña sombra" . Ven de presentalo no Ateneo Atlántico de Vigo. Un grande éxito lle auguramos e desexamos que pronto se achegue aquí, a Cataluña, para podermos disfrutar da súa presencia e fermosa comunicación, ao tempo que nos explicará, con moito detalle, ese seu traballo tan interesante. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe. Despois de escoitar outro bocadiño de música, esta vez celebrando o cincoenta aniversario da Revoluçao dos Cravos en Portugal, coa peza "Grándola Vila Morena" de Zeca Afonso, que nos serve para recibir a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO , sempre moi interesante. Antes