Saltar ao contido principal

SÁBADO 10 de DECEMBRO do 2022

Programa especial, gravado e preparado para emitir mentres asistimos ao evento "UNHA XERACIÓN. DOUS MUNDOS" Tentamos ofrecerlles dúas horiñas de Radio en Galego, entretidas e cun contido interesante. En primeiro lugar temos a audición dunha peza do CD: DIANTE UN ECO, da nosa benquerida e admirada artista SES, Mª Xosé Silvar. A peza titúlase "Para cando eu morra", que lle da paso á primeira intervención desta tarde, a do noso correspondente nas Rías Baixas XULIO SIMÓN.

A continuación conectamos novamente con Galicia para falar e conversar co recente Primeiro Premio do V Certame de Poesía Torre de Caldaloba do Concello de Cospeito, MAURIZIO POLSINELLI. Parabenizámolo e agradecémoslle a súa amable atención.

Falamos despois con CARMEN PENIM, que ven de publicar un audio-libro que leva por título "A FRAGA DE PASACORRENDO". Precisamente  ela mesmo nos facilita a entrada na súa web persoal para acceder ás musicas de contos que publicou e aproveitamos ese acceso para ofrecerlles dúas pezas en primicia para todos vosoutros. Agradecémoslle esta grande deferencia e desexamos que teña moitos éxitos.

O seguinte convidado é o Gañador do 1º Premio do "36 Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà" don FRANCISCO JAVIER FERNANDEZ DAVILA, o seu poema que leva por título. "INCENDIOS". Unha conversa moi interesante e chea de informacións suficiente sobre ese traballo recentemente premiado. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que siga acadando moitos éxitos.

E finalizamos o programa ate o vindeiro sábado. 

¡Que teñan unha feliz semana!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 27 de ABRIL do 2024

Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en contacto coa Profesora, Licenciada en Filoloxía e Escritora dona REXINA VEGA , a quen parabenizamos pola recente publicación na Editorial Galaxia, dese seu libro:  "O teu perfil na miña sombra" . Ven de presentalo no Ateneo Atlántico de Vigo. Un grande éxito lle auguramos e desexamos que pronto se achegue aquí, a Cataluña, para podermos disfrutar da súa presencia e fermosa comunicación, ao tempo que nos explicará, con moito detalle, ese seu traballo tan interesante. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe. Despois de escoitar outro bocadiño de música, esta vez celebrando o cincoenta aniversario da Revoluçao dos Cravos en Portugal, coa peza "Grándola Vila Morena" de Zeca Afonso, que nos serve para recibir a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO , sempre moi interesante. Antes