sábado, 6 de octubre de 2018

Sábado 6 de Outubro do 2018

Comezamos nova tempada escoitando unha peza de XABIER DIAZ e as Adufeiras, "Noro". Mañá veñen ao CAT de Barcelona a presentar este CD e de seguido conectamos con Galicia para recibir ao noso correspondente na Baixa Limia Xosé Lamela, que nos presenta ao seu convidado: Cristian Oliveira Brito, historiador e un dos artífices da posta en marcha da publicación "O Picaraño", que xunto coa compañeira Reyes Rodríguez recuperarán esta cabeceira do Xornal que foi editado e fundado en Entrimo por Vicente González no ano 1909 e que tiña por misión principal Zurrar a badana... ... Unha conversa moi interesante e agradable.


Despois falamos con Santiago Lorenzo Sueiro que nos fala da posta en marcha do "Camiño VIA MARINA" entroncado directamente con Camiño de Santiago e que xa ten autorización e Compostelas dende a cidade de Girona, onde comeza, e despois de varias etapas enlaza con "Camiño Catalán" tamén de Santiago,  en Montserrat e uníndose ao Francés en Jaca. Un grande traballo que estará completamente terminado antes do 2021, que será o próximo Ano Xacobeo.


Na segunda hora, coma sempre, conectamos co noso correspondente XULIO SIMÓN, quen nesta ocasión tan só nos envía un saúdo de ben-vida, coméntanos e fai alusión ao San Froilán de Lugo. Aproveita para falarnos un chisco sobre cousas de interese e despedímolo ate o vindeiro sábado.


Tamén falamos con TAMARA ANDRÉS, encargada da sección. NO ESTRELAMPAR! e fainos un percorrido Cultural e moi ameno sobre as cousas que se están a realizar en Pontevedra e en Combarro. Moitas grazas polas informacións e recomendacións.


Finalizamos conectando coa Mariña Luguesa, para falarmos co noso poeta da Mariña, PACO RIVAS, que nos recibe sempre moi amablemente e cóntanos algunhas cousas das que se sucederon no verán. Aproveitamos para solicitarlle que nos lea algunha das súas creacións e así finalizamos a súa intervención.


No hay comentarios:

Sábado 15 de DECEMBRO do 2018

O ultimo programa deste ano 2018 conectamos co noso correspondente na Baixa Limia, que ten como convidada á Alcaldesa de Lobios, dona Mª C...