sábado, 21 de abril de 2018

Sábado 21 de ABRIL do 2018

Unha semaniña máis con todos vosoutros. Xa saben que a nosa emisión poden escoitala e "vernos" en directo no seguinte enlace: "Semprengalicia". Comezamos dándolles a ben.vida e ofrecéndolles escoitar unha peciña de música mentres nos poñemos en contacto co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela, que nos ten preparada a intervención de don Oscar Pereiro, Inxeñeiro Forestal que pertence ao equipo que elaborou un estudo medioambiental relacionado cos Parques Naturais de Galicia e aproveitamos para manter unha conversa con eles. Agradecémoslle a súa participación.

A segunda intervención é a da nosa amiga e colaboradora Tamara Andrés, coa súa sección "No Estrelampar", que despois de varias emisións sen poder contactar con ela, hoxe fainos unha pormenorizada intervención chea de novidades e fermosas actuacións. ¡Graciñas!

Despois voltamos a conectar con Galicia, concretamente con Manoel Carrete, que dende o Concello de Castro Caldelas fainos unha descrición da súa nova etapa e responsabilidade relacionada coa Emigración, concretamente a posta en marcha do "Museo da Emigración" no que está a traballar para poder inauguralo no verán posiblemente. Tamén nos informa da inauguración doutro Museo no Concello de Castro Caldelas. Falamos tamén con don Xurxo López Quiroga, Comisario da excelente Exposición "In Tempore Sueborum". Agradecémoslle a súa amable atención e aproveitamos para saudar e felicitar á Dona Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas, que tamén nos dedica unhas palabriñas no noso humilde programa. Esta entrevistra énchenos de honra e satisfacción, polo seu contido e pola participación de tan ilustres persoeiros. ¡Gracias!

E rematamos o programa de hoxe con algunhas informacións referentes ás diversas "Festas Galegas" que xa están preparando algúns dos Centro Galegos e despedímonos ate a vindeira semana.

No hay comentarios:

SÁBADO 13 de OUTUBRO do 2018

Un programiña máis con todos vostedes, que encetamos dándolles a ben.vida e ofrecéndolles escoitar unha peza do CD "1952" de TANX...