sábado, 3 de marzo de 2018

SÁBADO día 3 de MARZO do 2018

Outro programa máis. Dúas horiñas de radio en galego, con entrevista, música e novidades para todos vostedes. Comezamos escoitando unha peza musical e a seguir entrevistamos a RICARD ROS, que se encarga, xunto co seus grupo de poñer en marcha o "VIII Rubrifolkum" de Sant Boi de Llobregat. Música FOLK e Tradicional perante os días 8, 9 e 10 de marzo, no que disfrutaremos de grandes concertos e actividades relacionadas coa múisca Tradicional e Folk, con grandes músicos, como FERNANDO BARROSO, que inaugurará o Festival presentando o seu ultimo CD "Silence Lovers". Graciñas Ricard.

A segunda intervención-entrevista é con ANTÓN LÓPEZ, de "TREIXADURA" que están a piques de publicar un seu CD que levará por título "INDA CANTO". Agradecémoslle a súa comunicación e "primicia" para tódolos nosos oíntes e seguidores. Estaremos atentos para ofrecerlles este seu ultimo traballo, que compatiremos con todos vosoutros tan axiña nos chegue aos nosos estudos.

Falamos agora con LUIS CORRAL, do Grupo Musical TIRULEQUE, que acaban de presentar en Santiago de Copostela o seu CD "OUTRO QUE TAL BAILA". Unha entrevista moi curiosa, xa que nos fala dende o estadio Riazor, aproveitando un recunchiño namentres presencia o partido de futbol do Deportivo, pero que nos atende moi amablemente e infórmanos do traballo que presentaron.

A segunda hora comenzámola conectando co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro. Xulio Simón tennos preparado un contertulio moi importante: don CIPRIANO JIMÉNEZ CASAS, da Asociación Pertenza, artífice da exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar, en Vigo. Agradecémoslle a súa amable atención e voltaremos a falar con el en próximos programas.

Saudamos e dámoslle a Ben-vida a Alfonso, un dos Directivos de ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña) a quen recibimos con agarimo e aproveitamos para preguntarlle polas impresións e sensacións que lle quedaron despois da celebración do "XV Festival do Botillo". Agradecémoslle a súa visita e aportación no programa de hoxe.

E despois de escoitar unha peciña musical máis, e informar da celebración das eleccións na A.C.G.Rosalía de Castro para a vindeira fin de semana, e tamén da Misa adicada a dona Amelia, precisamente hoxe despois do programa de hoxe, despedímonos de todos vosoutros.

Que pasen unha feliz semana e non se esquezan de voltar a sintonizarnos o vindiero sábado.

No hay comentarios:

SÁBADO 13 de OUTUBRO do 2018

Un programiña máis con todos vostedes, que encetamos dándolles a ben.vida e ofrecéndolles escoitar unha peza do CD "1952" de TANX...