sábado, 16 de diciembre de 2017

Ultimo programa do ano 2017

Para ser o ultimo programa deste ano, temos preparadas algunhas intervencións que seguro serán do voso interese. Primeiro poñémonos en contacto co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela, que nos ten preparada a participación de VALTER Sao Martinho, un grande divulgador da cultura popular do Norte de Portugal (fronteira con Galicia), e que ademais de praticar as "regueifas ou desgarradas portuguesas", tamén toca a concertina con grande virtuosidade. Agradecémoslle a súa aportación.

A segunda intervención-entrevista é con Carmen de "Xanela da Lúa", esa Vivenda Rural con encanto que se atopa en Lira. Ademais de aproveitar para felicitala, porque están de cumpleanos, tamén lles enviamos os nosos mellores desexos de benestar, felicidade e prosperidade para o vindeiro aninovo.

Despois conectamos con CONCHA LOSADA, do Museo de Pobo Galego. Responsable do APOI, a quen lle agradecemos o envío do CD "Dispostas para Cantare", que acaban de publicar e que iremos disfrutanos ao longo do vindeiro ano. Tamén aproveitamos para felicitala e enviarlle os nosos mellores desexos de benestar e prosperidade para o vindeiro aninovo.

Na segunda hora o noso correspondente, Xulio Simón, na Rías Baixas, concretamente en Combarro. Fainos un pequeno percorrido coas súas escollas informativas e intercambiamos os mellores de desexos de benestar e paz nestas datas Nadalencas, así como un ventureiro aninovo 2018.

Tamén falamos con ANTONIO DÍAZ, o noso colaborador e Director da revista "Lúa Nova", da A.C.G.Rosalía de Castro. Envíanos as súas felicitacións e nós correspondémoslle.

A ultima conexión deste ano é con PACO RIVAS, o noso Poeta da Mariña Luguesa, que nos agasalla coa declamación dunha das súas creacións poéticas.

Desexámoslles a tódolos nosos oíntes e seguidores, o mellor para estas datas nadalencas, e que o vindeiro aninovo 2018 veña cheo de saúde e ventura para todos. 
¡Non deixedes de sintonizarnos!

No hay comentarios:

SÁBADO 19 de MAIO do 2018

Unha semaniña máis con todos vostedes. Hoxe temos a visita de Manoel Carrete , que ven acompañado de moitos amigos. Agradecémoslle a súa am...