domingo, 19 de noviembre de 2017

SÁBADO 18 de Novembro do 2017

Como xa sabedes vimos emitindo via "facebook" o noso programa en directo, para que poidades seguirnos en directo, o enlace é o seguinte: https://www.facebook.com/xulio.couxilvazquez Comezamos o equipo ao completo, acompañados de varios membros do Xurado do XXXI Certame de Poesía "Rosalía de Castro" de Cornellà. Agradecémoslle a súa visita e participación. Despois de escoitar unha peciña musical TAMARA Andrés fainos partícipes de varias actividades que se están a realizar en Combarro e destaca a celebración do CURTAS Armadiña entre outras. Tamén nos aproveitamos para comentar un chisco algo dos Premios do Certame de Poesía, e despedímonos de tódolos oíntes ate a vindeira semana, por ter que acudir aos actos previstos na Entidade.

Continúan coa emisión ARMANDO e LAURA que deseguida conectan con MANOLO BARCIA, Vicepresidente de ASOBECAT e grande dinamizador cultural que o próximo domingo inaugurará unha nova emisora de Radio en Polinya, á que nos convida a todos para asistir a partir das 4 do serán. terá como participantes unha morea de artistas músicos e cantautores que colaborarán ate que o "corpo aguante".

A segunda conexión é con CARMEN PENIN, a nosa amiga cantautora que nos pon ao corrente das presentacións do seu ultimo traballo HERDEIRAS e das impresións que está a ter con esta creación tan interesante.

E para finalizar o programa de hoxe conectamos co noso poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre nos aporta visións interesantes e actuais finalizando coa súa impagable participación creativa e poética coa que nos agasalla cada semana.

A vindeira semana máis. ¡Que sexades felices!

No hay comentarios:

SÁBADO 30 de XUÑO do 2018

Neste programa do "final de curso" comezamos, coma sempre, ofrecéndolles unha peciña musical para despois conectar con Galicia, o...