domingo, 7 de febrero de 2016

6 de FEBREIRO do 2016

Comezamos o programa dándolles a ben-vinda e deseguida poñémonos en contacto con don JUAN RODRÍGUEZ GOMEZ DACAL, do Centro Galego de Lleida, que nos informa da celebración da "SEMANA CULTURAL" que están a celebrar, e coméntanos unha serie de novidades e infórmanos das diferentes actividades que veñen realizando estes días. 

 Despois falamos coa nosa Directora do Grupo de Teatro ANDURIÑA, da A.C.G.Rosalía de Castro, dona AMELIA LÓPEZ. Falamos un chisquiño das súas inquedanzas artísticas e pictóricas, así como da dedicación especial que ten no Consell de la Dona de Cornellà. ça que pertence como representante da nosa Entidade. Felicitámola polos seus éxitos e desexámoslle o mellor. 

Damos cumprida información dun acto que se ten previsto realizar na Universitat de Barcelona, en lembranza da nosa benquerida SABELA LABRAÑA, para o vindeiro día 10 deste mes de febreiro, ás 19:30, na Facultade de Letras. 
E finalizamos desexándolles que pasen un ENTROIDO feiticeiro e cheo de engado.

No hay comentarios: