sábado, 16 de mayo de 2015

16 de MAIO do 2015

Unha semana máis con todos vosoutros. O equipo de sempre: Marc Fort, nos controis técnicos e nas locucións LAURA Santos, ARMANDO Fernández e un servidor. Acompáñanos, outro sábado máis, o noso amigo MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN. Disculpamos a non intervención do noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela, por mor de certas obrigas personais. Comenzamos escoitando unha peza de música do Grupo RIOBOOO, para darlle a ben-vinda a CARMEN ALVAREZ ALVAREZ, candidata á Alcaldía de Folgoso de O Caurel, con quen mantemos unha conversa-entrevista chea de informacións e interesantes propostas para esa zona da montaña luguesa. 

 A segunda chamada é para falarmos con KIKE de VIDAL, un dos colaboradores que noutras ocasións sempre nos ten comentado cousas moi interesantes de Galicia, e co que aproveitamos para facer un repaso interesante sobre aspectos relacionados con Navia de Suarna e toda a comarca. 

 En terceiro lugar falamos con XOSÉ DAS PATAS, que se encarga da páxina http://musicaengalego.blogspot.com.es, e que nos pon ao corrente das moitas novidades musicais que se están a producir en Galicia. Agradecémoslle a súa colaboración e aportación.

Na segunda hora, como cada semana, voltamos a falar co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, que sempre ten preparadas unha chea de informacións e datos moi interesantes para tódolos nosos oíntes e seguidores.

Xa no final, falamos con Manuel para lembrar, unha vez máis, os actos que teñen previsto realizar na Asociación C.G.Rosalía de Castro: As Letras Galegas o 17 de maio (mañá mesmo) e a Festa Galega en Can Mercader, como cada ano, os días 5, 6 e 7 do mes de xuño...

A vindeira semana agardamos contar coa vosa escoita, outra vez.

No hay comentarios: