sábado, 11 de abril de 2015

Sábado 11 de ABRIL do 2015

Unha semaniña máis con todos vostedes, para ofrecerlles este programiña de dúas horas en galego, con música, noticias e entrevistas de certo interese. Comezamos con música CELTA e deseguida comunicámonos con XURXO GONZÁLEZ, Director do Proxecto SOCHEO, de A Guarda, que nos pon ao corrente dese interesante traballo que están levando a cabo en A Guarda, que constitúe un importantísimo legado audiovisual patrimonial.

Teñen que desprazarse os nosos compañeiros XOSÉ LAMELA e ARMANDO FERNÁNDEZ, para participaren no "1º Filandón en Rosalía de Castro", que terá como protagonista principal ao noso Cantautor Alfredo González Vilela. Desexámoslles moitos éxitos.

Na segunda hora conectamos con Galicia, concretamente coas Rías Baixas, para falar co noso correspondente en Combarro, XULIO SIMÓN, que sempre ten unha serie de informacións e noticias culturais moi interesantes.

Falamos un chisco da Presentación e Concerto que os amigos de "O VAL das MOURAS" realizarán hoye mesmo en Hospitalet, para dar a coñecer o seu primeiro CD, que leva por título ROSALÍA, do cal escoitamos algunhas pezas.

Chamamos ao noso Poeta da Mariña Lucense, PACO RIVAS, que nos deleita coa súa intervención e agasállanos cunha das súa composicións, en primicia, do próximo traballo que sairá ao prelo.

Desexámoslles que pasen unha semana feiticeira, e agardámolos o vindeiro sábado á mesma hora.

No hay comentarios: