domingo, 8 de marzo de 2015

SÁBADO 07 de MARZO do 2015

Un sábado máis saímos ao ar tentando ofrecerlles un programiña cheo de interesantes novidades e entrevistas coas persoas que escollemos para todos vosoutros. Saudamos efusivamente ao noso colaborador XOSÉ LAMELA, xa recuperado, e lamentamos a ausencia da nosa LAURA SANTOS, por mor de certas obrigas persoais. Nesta primeira hora falamos con don ANTONIO PIÑEIRO FEIJOO, Periodista e Funcionario no Concello de Celanova, co que mantemos unha conversa-entrevista moi interesante. 

 A segunda chamada-entrevista é con AMPARO CENTENO, socia da Asoc.C.G.Rosalía de Castro e membro activo do Consell de la Dona de Cornellà, que nos informa das diferentes actividades que teñen previsto realizar con motivo da Celebrción do día da muller traballadora, e que en Cornellà realizarán unha morea de actos entre os que cabe destacar o do día 14 na propia Aso.Rosalía de Castro, á que nos convida moi amablemente.

 Na segunda hora, o noso correspondente nas Rías Baixas XULIO SIMÓN, xa recuperado da súa afonía, preséntanos ao seu convidado de hoxe, don MIGUEL ANXO FILGUEIRA, Conselleiro no Concello de Pontevedra. A conversa que mantemos xira entorno aos Premios concedidos á cidade (Premio ONU-Habitat) de Pontevedra e á vindeira participación no II Foro Iberoamericano de Cidades. Desexámoslle moitos éxitos e prometémonos volver a conversar cando regrese da súa viaxe a México, e se é posible, falar tamén co Sr.Alcalde.

 Antes de finalizar o programa falamos con MANOLO BARCIA, do Restaurante "Rincón de Galicia" , en Polinyà, que acaban de realizar ese gran xantar de : "O cocido gallego", con tódolos ingredientes recén chegados da nosa terra e regados con caldos  D.O. galegos. Aproveita para convidarnos a participar e sintonizar cada mércores de 20:30 á 22:00 para escoitar o seu programa "Galica no Vallés", no 100.4 da FM, en Radio La Llagosta. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle motos éxitos. 

 Que teñedes unha semana feiticeira, e non deixedes de sintonizarnos. 
Seguiremos traballando para compracervos.

No hay comentarios: