domingo, 29 de junio de 2014

ULTIMO PROGRAMA DESTA TEMPADA 2013-14

28 de XUÑO do 2014

Nesta ocasión tivemos que comezar cunha serie de condicionantes debido a unha "avaría" nos estudios... Pero coido que poderedes escoitar esta nosa emisión cunha mínima calidade. Dámoslle a ben-vinda a tódolos nosos seguidores e oíntes.

A primeira comunicación-entrevista é con INMA GRASS, responsable do selo "Folmusica" e a nosa "correspondente" das novidades musicais galegas. Fálanos do exitazo de KEPA JUNQUERA en Madrid e das próximas edicións musicáis que teñen previsto publicar.

Unha pequena intervención para escoitar algunha peza galega da nosa biblioteca musical, denantes do impás da publicidad e deseguida voltamos para a segunda parte do programa. 

Na segunda hora poñémonos en contacto con XOSÉ LAMELA, o noso correspondente na Baixa Limia, que nos presenta ao convidado desta ocasión: don MARCIAL MOUZO, responsable do programa PENSANDO EN TI, da Radio Galega. Tamén temos en antena ao noso poeta da Mariña Lucense PACO RIVAS, e con eles mantemos unha conversa chea de desenfado e con informacións moi interesantes, relacionadas co programa do noso convidado. Agradecementos para Xosé por axudarnos a realizar esta comunicación tan engaiolante.

Desexámoslle a tódolos nosos oíntes e seguidores que pasen unhas FELICES FERIAS DE VERÁN, e non deixen de escoitarnos na vindeira tempada, que comezaremos a finais do mes de setembro.

No hay comentarios: