domingo, 25 de mayo de 2014

Programa do sábado 24 de MAIO do 2014

Un sábado máis con todos vosoutros para ofrecervos dúas horiñas de radio en galego, con música, entrevistas e novidades, que nos chegan á nosa Redacción. Esta semana non poderemos contar coas colaboracións habituais de Laura Santos e tampoco poderemos falar co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, pero tentaremos suplir estas ausencias -involuntarias- con outras alternativas que coidamos sexan do voso agrado. Comezamos propoñéndolles escoitar algunhas pezas da nosa música tradicional.

Algúns comentarios relacionados cos nosos enderezos e algo máis de música, para que poidan participar neste seu programa.

Despois conectamos con Galicia, concretamente con Loureses, para falarmos con don MANUEL MANDIANES, un grande amigo etnógrafo, investigador e escritor, que ven de publicar na Editorial Sotelo Blanco o libro: VIAXE SEN RETORNO. Unha conversa-entrevista, en primicia e en exclusiva para nosoutros, moi amena e de moito interese.

Na segunda hora conectamos coa Baixa Limia e coa Mariña lucense, para falarmos con Xosé Lamela e Paco Rivas ao mesmo tempo. Disfrutamos da conversa e da declamación de varios poemas con que nos agasallou o noso poeta da Mariña.

Despedímonos informándolles dunha curiosa noticia que veñen de facer pública os do CSIC, relacionada cos retábulos das nosas igrexas galegas.

O vindeiro sábadomáis e mellor, se podemos, claro. 
¡¡¡Agardámosvos a tod@s!!!

No hay comentarios: