Visita de Alfredo nos estudios da Radio |
Despois chamamos a OSCAR RODRÍGUEZ, xoieiro de prestixio moi contrastado en Viveiro e Presidente do COXGA, con quen mantemos unha entrevista moi interesante relacionada coas actividades realizadas polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e que últimamente están a acadar moito éxito.
Agora aproveitamos a visita que nos fai ALFREDO para comentar con el a "Presentación do Documental Quintá-Río Donsal", que se realizará o vindeiro sábado na sé da A.C.G.Rosalía de Castro, e no que participa como cantautor. Agasállanos cunha interpretación musical creación e realización súa, en directo.
Interpretando en directo |

Na segunda hora falamos co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que sempre nos ten preparada unha intervención chea de información cultural relacionada con eventos e datas que fan referencia a Galicia, Cataluña e Portugal.

Despedímonos ate a vindeira semana á mesma hora: de 6 a 8 do serán, prometéndolles algunha que outra sorpresa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario