Saltar ao contido principal

sábado 25 de xaneiro do 2014

Unha semana máis ofrecémoslles esta nosa emisión radiofónica, en galego, tentando que pasen dúas horiñas agradables, na nosa compaña. Todo o equipo ao completo: Laura Santos, Armando Fernández e un servidor, nas locucións, e o noso técnico Marc Fort, nos controis de audio.
Comunicámonos con Galicia, coa Baixa Limia : XOSÉ LAMELA, preséntanos ao seu convidado de hoxe: don XOSÉ SIMOES, "patriarca" da TAVERNA DEL CLINIC. A conversa é moi enriquecedora e chea de engado. Os Simoes Brothers, unha saga de restauradores en Cataluña, que marcan unha tendencia gastronómica de primeira clase. Galegos que trunfan en Cataluña co seu traballo e que se gaban da súa procedencia (Padrendo-Ourense-Galicia). É unha honra para o noso programa poder conversar-entrevistar a persoas coma o Sr. Xosé Simoes. A bon seguro que non será a ultima vez que o incomodemos para que nos volva a deleitar coa súa conversa.

Logo de ofrecerlles un chisco de música, voltamos a Galicia, neste caso ás Rías Baixas, para falarmos co noso correspondente XULIO SIMÓN, para que nos relate as escollas que ten preparadas para esta semana. Sempre nos aporta unha man chea de informacións culturais moi interesantes.

Despois de despedilo chamamos a DAVID, do grupo VAL DAS MOURAS, que están a piques de facer a súa primeira intervención pública na celebración do XI FESTIVAL DEL BOTILLO EN CATALUÑA. Os nervios están controlados e on ensaios de só xa están probados. Desexámoslles moitos éxitos nesta andaina.

Chegando xa ao final temos unha chamada de JUAN PEDRO, da ASOBECAT, que nos pon en contacto co Sr.Alcalde de Ponferrada, don Samuel Folgueral, con quen mantemos unha pequena conversa na que nos fala da homenaxe que hoxe lle fan os Amigos del Bierzo e do Campionato Mundial de Ciclismo deste ano na cidade de Ponferrada.

Despedímonos de todos desexando que volvan a sintonizarnos a vindeira semana, á mesma hora.

Comentarios

queridos amigos, quisiera pedirles me acerquen noticias de Campo Lameiro
gracias
un abrazo desde Uruguay
Sentimos moito non facernos eco, no seu momento das túas "suxerencias" para achergarche noticias de Campo Lameiro. O vindeiro sábado 22 de Febreriro faremos o posible para informarvos cesa localidade galega.
¡qué gentileza!
les agradezco enormemente, ya les diré porqué
un abrazo

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant