domingo, 10 de marzo de 2013

SABADO 9 de MARZO do 2013

Un novo programiña de dúas horas en língua galega, para tódolos nosos seguidores e amigos. Comezamos dándolles a ben-vinda e animándoos a que participen connosco mediante os teléfonos habituais, no correo electrónico ou no facebook. Hoxe teremos sorpresas agradables e interesantes.


A primeira conexión, como cada semana é coa BAIXA LIMIA, para falarmos con XOSÉ LAMELA, o noso correspondente que sempre nos ten preparada unha comunicación moi interesante con algún personaxe interesante. Nesta ocasión queriamos falar con MANUEL RIVERO, pero como a comunicación telefónica non é moi doada (ven de viaxe polas terras de Astorga e Ponferrada), tan só podemos falar dalgunha cousa relacionada coa posible charla con este tertuliano. Noutra ocasión será e seguro que disfrutaremos da sabenza deste grande personaxe daquelas terras Ourensanas.

Recibimos nos estudios a CONCHITA e HERMITAS, socias da A.C.G.ROSALÍA DE CASTRO, que nos veñen a confirmar o convite á Conferencia que se realizará a vindeira fin de semana, 16 de marzo, na Entidade, a cargo de JOAQUIN DANIEL, baixo o título: "EL TEATRO Y LA MUJER". Ademais doutros actos nos que participa a Sección de Mulleres da Entidade, como é o Consell de la Dona do Concello de Cornellà. Falamos un chisco de tódalas ofertas tan interesantes.


Na segunda hora conectamos con Tenerife e con Terrassa, para felicitar á Sra.CARMEN, chicharrera, que tan amable e desinteresadamente se converteu en "Cicerone-Guia" do matrimonio Miguel e María na semana anterior, ensinándolles tódolos recunchos e curiosidades desta fermosa illa Canaria. Seguro que voltaremos a falar con ela, posto que ten moitas cousas interesantes que compartir.

Non podemos comunicarnos con Xulio Simón, que se atopa algo delicado e afectado por unha moi grande afonía. Desexámoslle unha pronta recuperación. 
A quen chamamos é ao noso POETA da MARIÑA LUCENSE, don PACO RIVAS, o noso grande amigo e colaborador de tantos anos e con quen mantemos unha agradabilísima conversa, compartida coas donas que nos visitan nos estudios, e despídenos, coma case sempre, coa declamación de tres das súas composicións poéticas feiticeiras. 

Deica a vindeira semana, que tentaremos facer outro programa tan bo, ou MELLOR, se podemos.

No hay comentarios: