domingo, 10 de febrero de 2013

SABADO 9 de FEBREIRO

Unha semana máis emitimos este programiña en galego para tódolos nosos oíntes e seguidores, tentando entretelos e pasar dúas horiñas de radio o máis amenas posibles. Dámoslle a ben-vida a todos e moi particularmente ao noso colaborador ARMANDO FERNÁNDEZ, e saudamos ao noso técnico MARC FORT, que sempre nos axuda en todo o preciso para que saiamos ao ar sen ningún atranco. Conectamos con Galicia, coa Baixa Limia, como cada semana. Xosé Lamela preséntanos a don XOSÉ MANUEL PÉREZ BOUZA, o ex-senador e portavoz do BNG en Ourense, con quen mantemos unha conversa-entrevista moi amena, e que prometemos continuar en vindeiras ocasións. Dámoslle-las gracias e desexámoslles que pasen un ¡Bon Entroido!


Recibimos con música do Bierzo aos responsables de ASOBECAT, Asociación amigos do Bierzo. Temos nos estudios a JUAN PEDRO SÁNCHEZ e a  TOÑO VIEIROS, que nos axudarán a manter unha conversa moi interesante co seu homenaxeado deste ano no "X FESTIVAL DEL BOTILLO EN CATALUÑA": don JOSÉ LUÍS PRADA MÉNDEZ. Con "Prada a Tope", a conversa non ten desperdicio. Virá preparado para disfrutar con tódolos bercianos de Cataluña e traerá agasallos para os que asistan á CENA: Un sorteo dunha fin de semana no PALACIO DE CANEDO (Ponferrada) e varios LOTES de productos de PRADA a TOPE. A cea será no Hotel CAMPUS da Universidade de Bellaterra, en Cerdanyola  (BCN), igualiño que en anos anteriores.


Tamén conectamos con CUBILLOS DEL SIL, Concello do Bierzo que tamén seráhomenaxeado este ano no Festival del Botillo, e falamos co seu Alcalde don JOSE LUÍS RAMÓN, que nos fala do seu Concello e convídanos a visitalo e disfrutar dunha estancia naquel entorno feiticeiro.


Conectamos con LIA CM, componente do Grupo CHOCOLAT, amiga do noso programa e cantante a quen admiramos e apreciamos dende hai tempo. Anímanos a participar e disfrutar do XANTAR de Entroido que se celebrará no Local Social da A.C.G.Rosalía de Castro mañá mesmo, así como disfrutar da sesión de baile amenizado por ela mesmo. Seguro que será todo un éxito.

Tamén nos chama e falamos con ALFONSO RICO, Presidente da Entidade A.C.G.ROSALÍA DE CASTRO, para convidar a tódolos socios, seguidores e simpatizantes que desexen asistir ao XANTAR de ENTROIDO de mañá día 10. Unha oportunidade excepcional para disfrutar dun serán entretido e agradable ao ritmo de baile con encanto.

Despedímonos desexándolles unha semana moi alegre e, agardámolos a todos, a vindeira semana.

No hay comentarios: