domingo, 2 de diciembre de 2012

1 de DECEMBRO do 2012

Como cada semana comezamos o programa dándolles a ben-vida a tódolos nosos seguidores e amigos, e tentamos adiantarlles todo aquelo que desexamos levar a cabo nestas dúas horiñas de radio en galego. Con motivo do "XXVI Certame de POESÍA en língua galega Rosalía de Castro", tivémola visita do noso colaborador na Baixa Limia XOSÉ LAMELA, e tamén de XULIO SIMÓN. No vindeiro programa falaremos do Certame. 
Na primeira hora falamos con ANA MENDEZ, encargada de Turismo do Concello de MONTEDERRAMO, unha berciana que coñece moi ben a súa función, coa que mantemos unha longa conversa-entrevista, axudados polo noso amigo KIKE, dende Monforte de Lemos, que sempre nos axuda e colabora connosco en moitas ocasións. Despedímonos deles dándolles as gracias pola súa aportación e colaboración, desexando que non sexa esta a primeira de moitas ocasións en que volvamos a comunicarnos.

 Ofrecémoslles uns minutiños de música para intercalar e aproveitamos a que nos enviou MARTA QUINTANA, coa que mantivemos unha pequena conversa a semana pasada. 

 Tamén aproveitamos uns minutiños para saudar e felicitar a ANTONIA e MERCEDES, que nos escoitan e siguen dende Barberà del Valles e Santa Perpetua de la Moguda. Son dous matrimonios que coñecimos o ano pasado no Balneario de Caldes de Montbui, e cos que establecemos unha fermosa relación de amizade cordial. 

 Na ultima hora do programa conectamos coa Mariña Lucense, para falarmos co noso estimado colaborador e Poeta PACO RIVAS, con quen mantemos unha conversa moi entretida e lúcida, coma sempre. 

 A vindeira semana máis e mellor, se podemos. Pero lembren que será o día 15 de decembro, xa que a seguinte fin de semana é festivo. 

 ¡¡¡ Agardámolos a todos o día 15 !!!

No hay comentarios: