Saltar ao contido principal

Programa do sábado 14 de ABRIL

14 de ABRIL do 2012

Despois de dárlle-la ben vida a tódolos nosos oíntes e seguidores, comezamos informándolles das propostas para estas dúas horiñas de radio en galego. Escoitamos unha peza de música do ultimo CD de María do Ceo: "FADO CON OUTRO ACENTO" e aproveitamos para saudar ao noso correspondente na Baixa Limia XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao convidado desta semana: O Sr.Alcalde de Entrimo, don RAMÓN ALONSO LÓPEZ, quen nos informa das actuacións que se están a levar a cabo nese Concello pertencente á Reserva da Biosfera, como parte do Parque Internacional Transfronteirizo Peneda-Xurés. Un honor para a nosa emisión poder conversar con eles.


Na segunda hora poñémonos en contacto con don ANTONIO ALVAREZ, Presidente da Asociación Castaño y Nogal (responsables da rehabilitación e reconstrucción do sendeiro de 16 quilómetros Quintá-Río Donsal), quen nos fala do Acto de Homenaxe que teñen previsto realizar no Auditoiro da ONCE, en Coruña, para entregarlle-los distintos Certificados acreditativos ás diferentes personalidades. Felicitámolo e dámoslle as gracias pola súa amable participación.


Rematamos o programa conectando coa Mariña Lucense para falarmos, un chisco, co noso poeta mariñán, don Paco Rivas, que como sempre fainos manter unha amena conversa sobre diferentes puntos de vista da realidade que estamos a vivir nestes momentos, facendo especial mención á situación actual do emprego e uso do noso idioma galego.
 

Despedímonos desexando que volvan a conectarse á nosa Radio a próxima fin de semana.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant