Saltar ao contido principal

Sábado 17 de marzo

No programa de Hoxe temos algunhas novidades e "primicias" para tódolos nosos oíntes e seguidores. Conectaremos con Galicia para falarmos co noso correspondente na Baixa Limia: Xosé lamela, que nos presentará ó seu convidado de luxo: don Francisco Rodríguez (Paco), Alcalde de Ourense. Despois recibiremos no estudio a dúas gaiteiras noviñas, Paula e Sara, de catorce e once anos respectivamente. Veñen acompañadas de Mª do Carmo Rigueiro, mai de Paula e da súa avoa. Tamén conectaremos con Galicia, unha vez máis, para falarmos de poesía con MªNeves Soutelo e con Manuel L.Rodrígues. E durante estas dúas horiñas pretendemos darlles a coñecer o ultimo traballo de "QUEMPALLOU", que nos acaba de chegar, recén publicado.

Así pois, coa compañía de ARMANDO FERNÁNDEZ, comezamos a emisión de hoxe ofrecéndolles a primeira peza dese ultimo disco de QUEMPALLOU: Vellas Novas, Foliada do Viño. A seguir conectamos con Galicia e falamos con Xosé Lamela e co Sr.Alcalde de Ourense, don Francisco Rodríguez. Escoitade as súas intervencións.


A seguir dámoslle a ben-vida a PAULA e SARA, dúas promesas gaiteiras cheas de xuventude e de moita arte. Interpretan unha primeira peza: Pasodoble de Mallou. Unha verdadeira ledicia escoitalas e velas cómo tocan. Falamos un chisco con elas e ademais de comentar algunhas cousas tamén nos din a quen queren imitar...


Novamente conectamos con Galicia, e nesta ocasión con Manuel L. Rodrígues, que nos presenta a unha poetisa, dona María Neves Soutelo, Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago, que ven de publicar un libro de Poemas titulado:Diáspora. Mantemos unha conversa moi interesante e recibimos como agasallo a declamación de dúas das súas crecións poéticas. Agradecémoslle-lo e contamos poder voltar a falar con eles en vindeiras ocasións. Despedímolos con outra peza do grupo Quempallou, que mencionabamos ao comezo da nosa emisión: Vellas Novas.


Pedímoslle a Paula e a Sara que nos volvan a deleitar coa súa interpretación musical gaiteira e agasallánnos tocando "A Camposa". Unha nova sorpresa chea de engado e moi boa realización. Felicitámolas e desexámoslles que sigan traballando nese eido que seguro lles enche de satisfacción e que lles reportará moitísimos éxitos. Ogallá que voltemos a contar coa súa participación no noso programa en vindeiras ocasións. Graciñas, Paula e Sara. E tamén moitas gracias a MªCarmen por traernos este agasallo para tódolos nosos oíntes e seguidores, e que nós trasladamos a tódolos XOSÉS, como felicitación pola súa honomástica, que celebrarán o vindeiro luns.

E coa ultima peza de Quempallou despedímonos de todos desexando que volten a conectar coa nosa sintonía o vindeiro sábado, que tentaremos facer outra vez un programa entretido, cando menos igual e, se podemos, mellor. Ata a vindeira semana.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant