martes, 4 de octubre de 2011

Emisión 1º outubro 2011

Despois da salutación correspondente comezamos o noso programa convidándovos a que participedes con nosoutros na "elección" da música da sintonía da nosa emisión. Coidamos poder decidila o vindeiro sábado 29 deste mesmo mes. Ogallá que teñamos un consenso abondoso e fiquemos todos satisfeitos. Tamén anunciamos unha serie de "pequenas novidades" que incorporamos á nosa retransmisión semanal, e para as que contamos coa vosa aprobación. Tamén admitimos as vosas suxerencias. E seguiremos coas mesmas ganas, ilusión e desexos de poder compracervos en todo aquelo que nos indiquedes.
De primeiras conectamos con Galicia, con Narsés - de Babel de Sons, o responsable da coordinación dunha morea de actividades que se están a realizar na cidade de Ferrol. Unha cativa conversa que nos pon ao corrente das moitas actividades propostas para "Os Barrios", en FERROL.

Conectamos agora con Galicia novamente para falarmos con ROCÍO BARJA CAMPOS, unha poetisa de Santa Leocadia, en Castro de Rei (Lugo), quen nos envióu, por medio de Emilio Luís, a súa primeira publicación en forma de libro de poesía titulado "Detalles de poesía", e coa que mantemos unha conversa moi agradable e agasállanos coa lectura dunha das súas creacións.


Deseguido conectamos con Xesús Vizcaia, Presidente da Asociación de Empresarios de Viana do Bolo (ACIVI) que nos pon ao corente da próxima celebración da "VII Festa do Bullote e o Choupín", prevista para os días 15 e 16 de outubro. Cando estabamos no mellor da conversa cortóusenos a comunicación. Tentaremos voltar a falar con el a vindeira semana.


Falamos agora con Xosé Lamela e con Xulio Simón, cos que nos comprometemos a manter as correspondentes e asíduas comunicacións semanais para que nos informen e nos teñan ao corrente das cousas que suceden na nosa Galicia.



Con Antonio Díaz, mantemos unha pequena conversa para que nos informe das actividades e novidades que teñen previstas dende a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro.


E por ultimo novamente conectamos con Galicia, e nesta ocasión coa Mariña Lucense, dende donde nos fala o noso amigo poeta Paco Rivas, quen segue a colaborar con nosoutros e agasállanos, unha vez máis, cun poemiña da súa autoría.


Así rematamos o noso 1º Programa da TEMPADA 2011-12, desexando que volvan a conectarnos a vindeira semana á mesma hora de sempre: de 6 a 8 do serán.

1 comentario:

Suso Díaz dijo...

Saludar esta nova tempada coas súas novidades. Moitos éxitos. Apertas.