martes, 15 de diciembre de 2009

Programa do día 12 de decembro do 2009



Comezamos Antonio Díaz e mais un servidor, dándolles a ben-vida a tódolos oíntes e adiantándolles o que tiñamos previsto facer nesas dúas horiñas de charla-coloquio-entrevistas-intervencións e música galega...
A primeira comunicación foi con Ernesto Lagarón, recentemente nomeado membro da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas no Exterior, como representante por Cataluña. Repite cargo, e puntualízanos que non é el senón a Entidade Saudade a que ostenta esa representatividade, e que neste momento correspóndelle a el por ser Presidente da mesma, pero que a quen elixiron no Consello foi á Saudade.

A seguinte conversa-entrevista é con don Manuel Vázquez Osorio, tamén Presidente do Centro Galego NÓS de Sabadell. Fálanos da presentación do nº 11 da súa revista cultural NÓS e do acontecemento que se realizará nun dos salóns do Hotel Verdi de Sabadell conmemorando o 31 aniversario da Entidade e facéndolle entrega da insignia de ouro ao anterior presidente don Rogelio Martínez Lodos, quen permañeceu no cargo perante máis de 18 anos. Un merecido e sentido homenaxe ao que se unirán moitas persoas do seu entorno e amigos.

Falamos despois co noso correspondente en Galicia Xulio Ximón, que nos pon ao corrente das cousas que están a suceder na nosa Terra e facemos un percorrido interesantísimo polas rúas de Pontevedra acompañados dun roteiro que nos recomenda a todos.

Desexámoslle unha semana chea de engado a todos e agardamos volver a contar coa súa audiencia na vindeira semana, que será a ultima deste ano.

No hay comentarios: