Saltar ao contido principal

PRIMEIRO programa do 2009


Unha semana máis comezamos dándolle a benvida a tódolos nosos oíntes, seguidores e simpatizantes agasallándolles cunha peza de música escollida especialmente para celebrar que comezamos o ano co primeiro programa de "Sempre en Galicia" con novidades e primicias que nos chegan de Galicia. Trátase dun disco recén estrenado en Vigo e que se titula precisamente "Vigo Yé Yé". Envíanolo o selo "Pai Música", da man de Germán Fandiño, co que tentaremos falar ao longo do programa.

* A nosa primeira comunicación é con XULIO SIMÓN, para felicitalo neste novo ano que encetamos e para que nos fale un bocadiño do que ten preparado. Aténdenos solícito, aínda que se atopa traballando nos labores específicos da poda na súa viña. Fálanos da posibilidade de ter unha entrevista con José López Rivas, que se ao parecer está participando, xunto con outro galego, no DAKAR. A verdade é que non puidemos comunicar con el, per agardamos poder facelo no vindeiro programa ou nos seguintes, para que nos enterarnos, polo miúdo, desa experiencia que debe ser moi atractiva e espectacular. Tan só puidemos falar uns minutiños, pero abondos para saudarnos e desexarnos o mellor para todos. Coma sempre, un pracer e unha sorte, a que nos temos coa súa colaboración e participación desinteresada e semanal. ¡Graciñas Xulio!
Premendo aquí escoitaredes a Xulio Simón

* A segunda comunicación e participación é a de ANTONIO DÍAZ, director da revista LUA NOVA e colaborador da nosa emisión. Felicitámolo por ter acadado o 1º Premio da Secretaría Xeral de Emigración, pola edición da súa revista. Unha honra que quixo extender a tódolos que colaboran e participan nesa publicación en galego dende a Asociación Rosalía de Castro. Tamén chega ao estudio, para compartir este primeiro programa do ano 2009 o noso colaborador e compoñente do equipo de Sempre en Galicia, Serxio Seoane, que non se quería perdelo, e aproveita para enviarlle a súa felicitación persoal a Antonio. A conversa xira entorno a esa publicación tan importante para tódolos galegos de Catalunya e que baixo a súa dirección agardamos que cumpla tódolos proxectos que pretende. Falounos de colgala nunha páxina en Internet, aproveitar tódalas vantaxes das novas tecnoloxías,... etcétera. Moitos ánimos e que eses seus anceios se vexan cumpridos.
Escoitade a conversa con ANTONIO premendo AQUÍ

* Non vos falamos do noso novo Técnico. Trátase de MARC, que podedes ver nesta instantánea. Gracias a el funcionan todas as nosas comunicacións e a escolla de música que imos escoitando. Así pois voltamos a escoitar unha peza de música dun dos 10 grupos do disco "VIGO YÉ-YÉ", unha verdadeira primicia para todos nós. A verdade é que contamos con colaboradores que nos axudan a sermos do máis actuais e rabiosamente rompentes no eido musical galego. Esto axúdanos a sermos cada vez máis entusiastas e ter azos para continuar coa nosa teima de facer este programiña en galego para todos vosoutros.

Continuamos coa nosa andaina e Serxio preséntanos a Juan Rodríguez, cociñeiro responsable do Restaurante-Pescadería-"LA GRAN MARISCADA", na Avda.Diagonal 203. Esta semana teñen coma oferta especial o quilo de mexilóns galegos a 1 €. Unha especialidade non moi corrente en Barcelona. É un Restaurante especial xa que o cliente pode escoller o marisco que desexe, alí mesmo lle-lo cociñan e tamén poden escoller o viño que teñen na súa ampla adega...
Aquí tedes a conversa mantida con Juan.

* Seguimos a falar con Serxio e danos un avance dos seus proxectos vindeiros: Falamos do disco "Vigo Yé-Yé", do seu programa de Cociña, a proposta dun programa de Bricolage na Televisión, a promoción do grupo NEIRELA que xa está preparando un programa de actuacións, as grabacións, concretamente a de Laura Burgués, as firmas de contratos a partir da semana vindeira... Premede aquí para escoitalo.

*Comezamos a segunda hora cunha peza de música de Berrogüetto, damos información da concesión de Académico de Honra a José Viale Moutinho, e aproveitamos para comunicarnos con Anabel, artista compoñente do grupo de Teatro Anduriña de Rosalía de Castro. Podedes escoitala aquí.

*Conectamos con Galicia concretamente con Germán Fandiño, de Pai Música, que nos comenta polo miúdo ese traballo presentado o día 19 de decembro de "Vigo Yé-Yé".
Premede aquí para escoitalo.

* Continuamos a nosa andaina e nesta ocasión achegámonos outra vez a Galicia para falar con anterior Director deste programa "Sempre en Galicia": don Xosé Lamela, hoxe nas funcións de Alclade de Lobios. Agradecémoslle a súa atención e correspóndenos coa súa felicitación persoal para tódolos oíntes, que varios anos foron seguidores da súa comunicación semanal.
Grabación da súa participación

* A última participación destas dúas horiñas de radio en galego correspóndelle á nosa Poeta en Catalunya : IRIA, como cada semana. Desta vez fálanos do manifesto das vangardas europeas, aproveitando un libro de Xesús González Gómez:
Grabación do que nos dixo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 27 de ABRIL do 2024

Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en contacto coa Profesora, Licenciada en Filoloxía e Escritora dona REXINA VEGA , a quen parabenizamos pola recente publicación na Editorial Galaxia, dese seu libro:  "O teu perfil na miña sombra" . Ven de presentalo no Ateneo Atlántico de Vigo. Un grande éxito lle auguramos e desexamos que pronto se achegue aquí, a Cataluña, para podermos disfrutar da súa presencia e fermosa comunicación, ao tempo que nos explicará, con moito detalle, ese seu traballo tan interesante. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe. Despois de escoitar outro bocadiño de música, esta vez celebrando o cincoenta aniversario da Revoluçao dos Cravos en Portugal, coa peza "Grándola Vila Morena" de Zeca Afonso, que nos serve para recibir a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO , sempre moi interesante. Antes