Saltar ao contido principal

Día 15 do mes dos Santos do 2008




Comezamos o programa de hoxe cunha exposición das moitas cousas que tentamos levar adiante nestas dúas horiñas de radio en lingua galega:

. Primeiro damos a coñecer aos nosos oíntes a noticia da celebración, en Cornellà, do Primeiro día Mundial sense Alcohol. Unha man chea de actividades co obxectivo común de: Acadar un ocio sen alcohol. Falaremos con Galicia, comunicarémonos con persoeiros que nos informarán das actividades que están a suceder no noso entorno, faremos unha entrevista con don Francisco Fernández del Riego, tentaremos manter unha pequena conversa con Xesús Vizcaia, Presidente da ACIVI, empresarios de Viana do Bolo, que non puidemos facelo no anterior programa; tamén queremos facelo co Ilmo.Sr.Alcalde desa mesma vila; preguntarémoslle a don Manolo Domingo, tamén presidente dos empresarios hostaleiros de Arousa Norte, das súas impresións sobre a visita que fixeron a Barcelona, e tentaremos rematar o noso programa coa intervención de Paco Rivas e da nosa poeta e colaboradora incondicional, IRIA. Fixémos o posible para conectar con Xulio Simón, que se atopaba precisamente nas terras do Courel, en Folgoso concretamente. A verdade é que non teñen cobertura na telefonía e seguro que non poderemos manter a conversa semanal de sempre. Tamén conectaremos con Germán, pertencente ao selo discográfico PAI MÚSICA, que nos porá ao corrente do moito e bo traballo que están a facer. Aproveitando que falamos de música, pois aproveitaremos para escoller as pezas de música galega para escoitar e compartir entre todos.

. A primeira comunicación é con Xesús Vizcaia, que nos pon ao corrente da celebración da V Festa do Bullote e do Choupín e Feira Gastronómica e de Arte Sá, que se está a celebrar en Viana do Bolo, perante esta fin de semana A novidade más salientable é a posta en servicio da “Fonte do mel”, que é precisamente unha invención do propio “Xus”, e que ademais nos explica que é un refresco moi empregado xa na época dos romanos, e que están convidados a degustalo tódolos que se acheguen a Viana. Fálanos das fermosísimas composicións e construccións en cartón-pedra, que serven de “stands” da feira a tódolos expositores. Unha posta en valor dos edificios, casas señoriais e pazos que hai na zona. Algo merecente de ver e visitar. Tamén nos enteramos do menú dos xantares, a precios moi asequibles, concretamente a 15 €, cos que poden degustar as viandas da zona, nos que non poden faltar as androias, a empanada de xabarín, os cogumelos e os vianos...

Para escoitar a conversa con XÚS Vizcaia, premer aquí

. A segunda intervención no noso programa é a do Ilmo.Sr.Alcalde de Viana do Bolo, don Andrés Montesinos. O Concello é o patrocinador deste evento tan interesante e importante para tódolos seus veciños. Dinos que a súa satisfacción vese agrandada pola participación e colaboración de tódolos colectivos da vila, das asociacións, da banda de gaitas, dos traballadores do propio concello e dos veciños que, entre todos fan posible que este evento se leve adiante, con moito esforzo, pero cunha participación moi importante por parte de todos. Cousa que agradece públicamente. Mágoa que outros estamentos da administración galega non se fagan eco e resonancia deste acontecemento e nós reclamámoslle que faga esa demanda para que en vindeiras ocasións se vexa publicada esa celebración nas informacións e comunicacións que se fan en Turgalicia, por exemplo. Estase a traballar nese eido e seguro que se verán recompensados os seus esforzos. Convida a tódolos oíntes a participar do descanso e do lecer que ofrece ese entorno incomparable, non só polas infraestructuras que posee, senón tamén polas posibilidades e ofertas de descanso e estancia de primeira calidade que ofrecen as diferentes casa rurais que existen na zona. Anotamos a excelencia dalgunha como a recuperación de importantes casas reconvertidas e vivenda rural, como é o caso da “Casa dos Quintas”, hoxe “Mirador da Ribeira”, o Hotel Vila de Viana, O Retorno, “A Nosa Casa”, e próximamente a de Santa Mariña da Ponte ou a de Seoane. Todas ellas con ofertas de estancia con precios moi económicos. Están a traballar na posibilidade de voltar a poñer en marcha un Balneario, que no século XIX era un lugar de moitísima afluencia. Pódense visitar os Museos de Etnografía de Viana, o de artesanía popular, os percorridos polas beiras do embalse e dos rios, a reparación dos camiños rurais, a muralla romana... … todo un abano de posibilidades para desestresarse e descansar, sen esquecer a degustación dos productos gastronómicos da zona. Agradecéndolle a súa participación neste noso programa despedímolo non sin antes prometerlle que seguiremos informando aos nosos oíntes das novidades que se vaian sucedendo nese entorno engaiolador.

Premer aquí para escoitar a nosa entrevista ao Alcalde de Viana, don Andrés Montesinos.

. Dámoslle-la benvida a KIKE, o noso colaborador inestimable que nos axudou a manter a prometida conversa con don Paco Fernández del Riego. Despois dos saúdos correspondentes deseguida lle agradecemos a súa deferencia para con nosoutros. Coido que somos a primeira radio galega no exterior que mantemos unha conversa cun galeguista da súa talla. As preguntas xiran ao redor da súa figura, do moito traballo desenvolvido pola súa parte, dos moitos agasallos e premios que se lle teñen concedido (puntualizaounos que foi o Primeiro Doctor Honoris Causa da Universidade de Vigo). Deunos unha lección do bo facer e de humildade humanística en tódolos sentidos, cousa que lle-lo agradecemos públicamente. Unha das preguntas de Kike fai referencia a unha xuntanza que tiveron en Lugo os do Partido Galeguista. A súa descrición e relato fainos escoitalo con verdadeiro entusiasmo. Eu non me resisto a preguntarlle por aquela anécdota da súa viaxe a Vigo, cando regresaba de Santiago. Explícaa con todo detalle e dinos que el tiña falado con Paz Andrade para vir a traballar no seu gabinete, porque xa era Licenciado en Dereito, pero cando parou o tren en Redondela, que daquela facía unha parada ben longa, mercou o xornal e enterouse de que fora prendido Paz Andrade por un artigo publicado sobre a defensa dos carniceiros, e entón el atopouse co dilema de achegarse a Vigo ou voltar a Santiago, por mor de que non o puideran deter. A verdade é que decidiuse chegar a Vigo e, a pesar das moitas dificultades que tivo que pasar, foi quen de dedicarse ao ensino en dous dos colexios máis importantes dese porto de mar do que sempre se amosou un namorado. Démoslle a nosa felicitación pola súa doación á cidade das súas coleccións de Libros e Obras de Arte galego que constitúen precisamente o Museo que leva o seu propio nome: Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego. Lembrounos a aportación de millerios de libros e dos cadros dos máis famosos galegos da súa época, e tamén dalgunha escultura de grande valía. O día 7 de xaneiro vindeiro cumplirá 96 anos. Quedamos en voltar a comunicarnos con el para felicitalo novamente. Temos grabada a conversa mantida, e tal e como prometiamos, aquí a teñen:
Premer aquí para escoitar a conversa con don Paco del Riego.

. Falamos con Manolo Domingo, Presidente a Asociación de Hostaleiros de Arousa Norte. A pesar de atoparse nunha celebración de carácter persoal aténdonos moi amablemente e dinos que está moi contento coa participación e mostra da “Festa de Arousa-Norte” que tivémo-la ocasión de disfrutar aquí, no Centro Galego de Barcelona. Froito dese primeiro contacto xa xurdiron algunhas reunións futuras para poder ofrecer tódalas posiblidades de inversión e visita que ten a zona de Arousa-Norte, tanto para os visitantes como para os inversores. Tamén lle agradecemos a súa participación.

. Despois de escoitar diversas pezas musicais voltamos a Galicia, e neste caso falamos con Germán, encargado da sección promocional do selo musical PAI-MUSICA, que nos comenta unha morea de actuacións e grabacións que están a realizar nesa empresa. Escoitamos precisamente unha peza moi recente (coido que en primicia rigorosa) de Roi Casal, que ven de publicar un seu primeiro disco en solitario e que agardan sexa un éxito, pola moita calidade que amosa. Fainos unha pequena descrición das vindeiras publicacións que estan saíndo e das que están a piques de saír, como é o caso de Lamatumbá, da Señora Carmen, das Tanxedoiras, de varios Libros-CD... e, como non, de Milladoiro que pronto terán no prelo un novo disco. Aledámonos delo e agardamos que poidamos contar coa súa colaboración para manter aos nosos oíntes á ultima das novidades musicais que vaian editando e que nós poidamos publicalas na nosa radio.

. As conversas semanais con Paco Rivas e Xulio Simón non foron posible.

.Rematamos coa colaboración da nosa IRIA que nos declamou dúas poesías de Cabanillas. Con tan pouquiños minutos non deu tempo para máis, pero asegurounos que en vindeiras ocasións falaranos da súa escolla e do autor elixido esta vegada.
Pra escoitar a IRIA, premer aquí
A vindeira semana faremos o programa dende a sede de Rosalía de Castro, na rúa Federico Soler,71.
¡¡¡ Agardámosvos a todos!!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant