Saltar ao contido principal

Tempada 2008-09 : Segundo Programa

Comezamos o programa conectando con "Xacobe"(Manuel para os amigos) que é o mantedor da páxina da "Aldea de CORO", que coñecimos ao traveso de Kike de Vidal. Unha conversa amena que nos serviu para saber algo máis do val de RAO, dos Ancares. Púxonos ao día das novidades que se suceden nesa belida zona galega. Realizaron a prometida viaxe polo Val con máis de 25 persoas achegándose aos altos máis destacados desa paraxe e finalizando en Coro cunha cea-xuntanza de confraternidade con productos da zona e cancións populares. Comentamos a posibilidade da estrea desa "Valse" composto por Kike adicado a eses vales tan feiticeiros, e tentar poñerlle letra aproveitando a colaboración e creatividade de "Rositas". Soubemos da participación, nesa páxina da Aldea de Coro, de moitas persoas con certo interese e destacadas no ambito social, e como non a colaboración da "Lagarta" que envía unha serie de "Contos dos Ancares", e á que convidamos para que nos faga partícipes, cando poida, deles.

Saudamos a "SERXIO SEOANE" que nos visita con novidades importantes. Púxonos ao tanto da súa tarefa de "Mánager" de varios artistas de grande éxito contrastado, como Anxo Lorenzo, Antonio Orozco, a modelo Tamara Ballesteros... ... prometeunos voltar a visitarnos coa compaña de Tamara e outros máis. Fixemos unha comunicación con Alfonso, un dos fundadores de "NEIRELA" e confirmounos a súa grande ilusión co grupo e as posibles actuacións no extranxeiro. Están a traballar no seguinte disco e moi ilusionados. Escoitamos a súa música e desexamos que sigan nesa liña de traballo. Comprometeuse a facer unha conexión mensual co noso programa "Sempre en Galicia" para darnos información das novidades musicais que se vaian sucedendo puntualmente e prometeunos traernos esa música novedosa e actual.

Tivemos unha conversas con RICARDO, o Presidente da Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO, que como ben sabedes segue a ser a mantedora deste noso programa. Fíxonos unha semblanza de tódalas cousas que se estan a preparar para as vindeiras datas na Asociación e como máis salientables e inmediatas a da Semana Cultural do Centro na que contaremos cunha edición máis do Premio de Poesía Rosalía de Castro e o de prosa Rosa Reboredo", a posibilidade de representar a obra de "A Pousadeira" en Lleida, baixo o patrocinio do Centro Galego de Lleida, o comezo das actividades, clases e diversos cursos na Entidade... ... unha morea de cousas ás que convidou a tódolos oíntes para que pasen polo Centro para que poidan elixir.

Falamos con Xosé Carlos, unha vez máis para que nos confirmara a súa asistencia á presentación das "Festas de San Froilán-2008", tanto en Catalunya como en Galicia, no Districte de Nou Barris de Barcelona, á que asistiu, como ven sendo habitual nos ultimos anos o Alcalde de Lugo Sr.Orozco.Estiveron presentes unha morea de representantes de diferentes Asociacións e do propio Concello.

A continuación puxémonos en contacto con Ramón REY,membro da Xunta Directiva dos "Amigos de San Froilán", que nos puxo ao tanto do que teñen preparado para a vindeira fin de semana, concretamente os días 3, 4 e 5 de outubro, en Nou Barris, co "Izado da Bandeira Galega no Districte de Nou Barris", con pasarúas das bandas de Gaitas de Saudade e Toxos e Xestas; Verbenas tódolos días a cargo de afamadas orquestras galegas (Os Satélites da Coruña e Nova Generación de Viveiro). Este ano actuará a Banda Municipal de Barcelona, o Grupo García Lorca, José Galisteo... ... Ramón Rey convidou a tódolos oíntes para que asistiran a tódolos actos, incluso á Misa solemne, con procesión, adicada a San Froilán. Tamén tivo ocasión para lembrarnos que asistiron ao desfile de San Patricio en Nova York, a primeira Asociación Galega de Catalunya que representa aos galegos nos Estados Unidos.

Finalizamos co noso RECUNCHO POÉTICO, dándolle a benvida a PACO RIVAS, para esta nova tempada e regalounos a todos varias composicións poéticas que nos axudaron a convidarvos a que volvades a conectar connosco a vindeira semana.

Estas foron as dúas creacións que nos declamou PACO:

Dame un bico cos teus ollos
pescantina de ollos guapos,
dame un bico cos teus ollos
e tirao ao mar dende o faro
que a brisa, remo das ondas,
ha-mo traer de contado.
Dame un bico cos teus ollos
que xa está a brisa remando.

Para a túa TRENZA
unha rosa branca collín da roseira
que naceu ao lado daquela fervenza
onde nos bicamos a tarde primeira.
Collín de contado para a túa beira.
Pasei polo prado, corrín pola veiga,
e cando coa rosa cheguéi á túa beira
no fondo do armario colgara-la trenza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant