Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

SÁBADO 5 de OUTUBRO do 2024

Comezamos esta nova andaina, Tempada 2024-2025, con moitas ganas de poder aprender con todos vosoutros, e tentar ofrecerlles unha emisión semanal chea de contidos galegos en tódolos ámbitos relacionados coa comunicación, informacións, música, novidades, actividades das Asociacións Galegas en Cataluña (pero moi concretamente as da nosa Entidade, A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà) e desexando que tódolos nosos oíntes e seguidores se sintan partícipes. Agardamos as vosas críticas e suxerencias. Despois da nosa sintonía, das salutacións correspondentes, dámoslle a ben-vinda a PAI AKONA (Rafa para os amigos) que nos visita nos estudios e escoitamos unha peza de música composta por el mesmo. Conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO, que continúa ofrecéndonos a súa crónica semanal, chea de contidos informativos; mais ben é un resumo das moitas novidades que acontecen naquel recuncho da nosa terra galega, e que se atopan máis amplas e detalladas na páxina