domingo, 7 de outubro de 2012

6 de outubro do 2012

O noso Equipo: Marc, X.Couxil e Armando.
Unha nova entrega deste noso programiña en galego. Dúas horiñas de radio para tódolos nosos oíntes e seguidores. Comezamos unha nova tempada, con azos e desexos de compartir con todos vostedes as inquedanzas e novidades que se vaian sucedendo ao redor da nosa cultura, en especial da galega. Comezamos, como lles diciamos ao principio, cos mesmos desexos de tempadas anteriores, pero tentando superarnos e ofrecerlles o mellor de nós. formamos o mesmo equipo da tempada anterior, sin desbotar a posibilidade de incorporar algunha que outra novidade. Nos controis o noso técnico MAR FORT, na locución e Redacción o noso amigo Armando Fernández e un servidor de vostedes Xulio Couxil. Dende Galicia, concretamente na Baixa Limia, e na primeira hora XOSÉ LAMELA. Nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN. Nas Rías Altas PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense. 
   
E como cada semana comezamos coa primeira conexión, en Ourense:Xosé Lamela preséntanos a don SIMONE SAIBENE, Director da película "9 OLAS", cos que mantemos unha conversa ilustrativa sobre a película e outras cousas. 

   A seguir, na segunda hora conectamos con Xulio Simón, que como cada ano, fálanos dende a capital lucense, xa que se atopa disfrutando dun bocadiño de lecer con motivo das Festas de San Froilán. Agradecémoslle a súa colaboración e agardamos voltar a comunicarnos con a vindeira seman, que seguro nos terá preparado algunha novidade dende Combarro, o seu sitio habitual de conexión. 
   Mudamos de tema, e nesta ocasión conectamos con PABLO DÍAZ, lider e alma mater do grupo de música ALEN DE ANCOS, de Ferrol, a quen coñecimos no Festival-Concerto Músico-Poético de Quintá de Cancelada, que se celebrou o pasado 25 de agosto nesa localidade dos Ancares Lucenses, para agasallar aos voluntarios do Campus Internacional de traballo do Sendeiro Quintá-Río donsal, e do que xa lles temos falado aquí, no noso programa, noutras ocasións. Conversamos con el sobre o grupo e sobre a súa música. 
   
A vindeira semana voltaremos con todos vostedes. 
                               ¡Agardámolos!

domingo, 30 de setembro de 2012

Programa ESPECIAL -QUINTA de CANCELADA

José Romero e Alfredo González
A nova tempada comezará o día 6 de outubro, pero aproveitando que fixemos unha gravación de varias horas, do FESTIVAL-CONCERTO en Quintá de Cancelada, o día 25 de agosto pasado, quixemos ofrecervos este ESPECIAL, adicado á Asociación "CASTIÑEIRO E NOGUEIRA". É a primeira vez que nos atrevemos a saír dos estudios da nosa Redacción e gravar as diferentes intervencións e entrevistas que poderían ser interesantes para tódolos oíntes, polo tanto pedímosvos desculpas polos erros que seguro atoparedes, pero fixémolo coa mellor das vontades e tentando compracervos. Comezamos informándolles do que foi esa experiencia e cómo se argallou este evento. Neste primeiro corte-gravación poderedes escoitar a primeira das intervencións do Concerto, a cargo de José Romero (acordionista) e Alfredo González (cantautor)

Alen de ANCOS
A continuación unha pequena entrevista-conversa que mantivo o noso amigo Armando Fernández con Carlos Caaveiro. Un dos compoñentes do Grupo ALEN DE ANCOS, do Ferrol, tamén participantes e colaboradores do Festival. Tentaremos falar con eles en directo en vindeiras emisións, para que nos falen dos seus proxectos. 

Seguindo nesta liña de entrevistas, tocoume a min falar con LAURA, de Madrid, unha das colaboradores e voluntarias do Segundo Campus Internacional do Sendeiro Quintá de Cancelada-Río Donsal. 

Carlos A.ARES

Os asistentes a este magnífico FESTIVAL, tiveron a oportunidade de aplaudir as diferentes intervencións dos artistas antes mentados, pero tamén disfrutaron da participación de CARLOS ALBERTO ARES, un mozo galego de 15 anos, cunha preparación musical extraordinaria, con quen mantivemos unha pequena conversa telefónica para que nos dixera algo daquela experiencia e das súas perspectivas de futuro. Agradecémosllo e contamos poder voltar a falar con el dos seus éxitos e novas musicais. 

A Val de Quintá

Escollimos tamén varias intervencións de don ANTONIO ALVAREZ, o Presidente da Asociación Castiñeiro e Nogueira. Durante máis de dúas horas estivo exercendo de Xefe de Cerimonias do Acto. Os músicos e poetas tamén agasallando coas súas intervencións a tódolos asistentes, e moi en especial aos Voluntarios do Campus Internacional de Traballo, e a moitos dos colaboradores e socios. 

Sentimos non poder ofrecerlles as intervencións de dona Helena Villar Janeiro e do seu esposo don Xesús Rábade Paredes, que interviron declamando algunha das súas creacións poéticas. Non se escoitan ben as gravacións que fixemos. Pero sí que podemos ofrecerlles, para rematar, a intervención dun socio-poeta da Entidade que nos deleitou coa declamación dunha das súas creacións. E finalizamos a confección deste Programa Especial coa intervención de tódolos Voluntarios, xunto cos músicos e o mesmo Armando, na interpretación dunha peza de música que leva por título: Agua que no has de beber.
Os voluntarios cantando
José Ramón e Antonio Alvarez

domingo, 1 de xullo de 2012

Ultimo programa da tempada 2011-12

SABADO 30 DE XUÑO DO 2012

Como cada sábado saudamos moi cordialmente a tódolos nosos oíntes e seguidores adiantándolles que faremos un programa con moitas novidades e entretido, para tentar compracervos. En primeiro lugar conectaremos con Galicia para falarmos co noso correspondente da Baixa Limia, despois falaremos con PEDRO PÉREZ, o Presidente do GrupoDUPLEX, tamén teremos tempo para comunicármonos con don ERNESTO LAGARÓN, Presidente de Saudade que foi elexido novamente para pertencer á Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas no Exterior. Na segunda hora conectaremos con Galicia novamente para falarmos con Xulio Simón, como cada semana. Tentaremos que nos digan algunha cousa dende a nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro e remataremos propoñéndolles escoitar a nosa sintonía.


Comezamos, pois, falando con Xosé Lamela, que nos tiña preparada unha conversa con don José Benito Reza, un grande personaxe moi relacionado coa Natureza e o seu entorno, pero moi concretamente co COUTO MIXTO. Veñen de asistir á entrega das capas aos novos xuíces nomeados: Carlos Núñez, Eurocidade Verín-Chaves e don José Antonio Gómez Segade, así como á entrega da chave da Arca ao Home de Acordo de Rubiás, don Nicanor Veloso (polo pasamento do anterior don José Rodríguez Añel). A conversa comezou comentando os aconteceres deste evento tan emotivo e que contou coa asitencia do Sr.Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, don Jesús Vázquez Abad. A conexión con don José Benito Reza non foi posible, debido quizáis á pouca e cativa cobertura móbil que por alí existe. Nembargantes a conversa con Xosé Lamela foi moi enriquecedora.

Deseguida conectamos con PEDRO PÉREZ - Presidente do GRUPO DUPLEX -, a quen aproveita Armando para felicitalo pola súa honomástica pasada. Como case sempre que nos poñemos en contacto con el, temos a sorte de recibir e sermos os primeiros en dar a coñecer unha das primicias máis interesantes relacionadas coas xoias. Agradecémoslle a súa colaboración e o patrocinio que nos profesa.

Na seguinte conversa-entrevista tamén temos que felicitar a don ERNESTO LAGARÓN, Presidente da A.C.G. SAUDADE, que ven de ser elixido, novamente, para a Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas no Exterior. Tamén nos informa dun próximo Congreso participativo para os xóvenes, no vindeiro curso, e do que teremos cumprida información en próximas datas.

A segunda hora comezámola comunicándonos con XULIO SIMÓN, como cada semana. Como xa remata o curso atópase clebrándoo cos compañeiros e amigos de traballo así que aproveita esta ocasión para agasallarnos coa interpretación da peza tan popular "Camariñas", acompañados do acordeón do Sr.Castro. Dámoslle as gracias e desexámoslle unhas felices vacacións, tan merecidas.

Conectamos con Xosé Carlos G.García, responsable de Cultura da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro para comentarnos as moitas e positivas actividades que están a realizar e aproveita para convidarnos a todos a que participemos delas, agradecendo as aportacións que veñen realizando todos os socios.

Non nos foi posible falar co noso Poeta da Mariña Lucense, Paco Rivas. Desexámoslle que teña unhas felices vacacións e prometémonos volver o vindeiro día 6 de outubro para comezar unha nova tempada.
Que teñan todos un verán cheo de lecer e que todos poidamos "cargar as pilas" para comezar o novo curso con moitos azos e moita forza para acadar tódolos obxectivos que nos propoñamos.

¡¡¡ Moi boas Vacacións a todos!!! 
e non se esquezan de sintonizarnos...

domingo, 24 de xuño de 2012

23 de XUÑO 2012

Verbena de San Xoan. Comezamos o programa adiantándolles que teremos algunhas sorpresas moi agradables para todos os nosos seguidores. Coma cada semana encetamos coa sintonía de sempre e deseguida comunicámonos con Galicia, coa Baixa Limia, para falarmos con Xosé Lamela, que nos presenta a don MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, Ilmo.Sr.Alcalde de COLES, e cos que mantemos unha conversa moi enriquecedora e ilustrativa referente ás moitoas e boas propostas que dende o seu Concello se están a poñer en práctica, aproveitando a creación dese Viveiro de Empresas que tanto éxito está a acadar. Desexámoslle que continúe así e prometémoslles visitalos cando vaiamos de vacacións, aló polo verán próximo. 


Aínda sen comezar a segunda hora conectamos con CARNOTA - LIRA, concretamente con CARMEN, da XANELA DA LÚA, que nos da a coñecer unha serie de ofertas especiais para poder disfrutar da súa Vivenda Rural. Seguro que algún dos nosos oíntes e seguidores aproveitarán a ocasión para visitar aquela zona e disfrutar duns días de lecer e descanso naquel lugar engaiolante. Recomendámosllelo. 


Na segunda hora concetamos con Galicia, co Xulio Simón, que dende Combarro, como cada fin de semana ponnos os dentes largos dicíndonos que vai a degustar, tan axiña como deixe de comunicarnos con nosoutros, dunha saridñada que están a preparar nas Festas Grandes de Poio, o Concello veciño, e despois saltará as cacharelas que se farán para celebrar o solxticio de verán, e a noite máxica de San Xoan. Nese memso momento chega aos nosos estudios dona Sabela Labraña, Profesora da Universidade de Barcelona, quen tamén aproveita para saudar ao noso correspondente e amigo común. 
Antes de rematar a nosa convidada e amiga de hoxe, Sabela Labraña, dalles información a todos das oportunidades que teñen os posibles alumnos da Universidade para poder acceder aos estudos de Lingua e Cultura Galega, así como de cursar os estudos universitarios relacionados co Galego e co Portugués. Despois fainos un pequeno percorrido pola proposta GALAUDA, que paga a pena deterse un chisco na súa web, xa que levan dende o 1995 realizando cursos de Galego nos Institutos e achegando aos seus alumnos a Galicia nunha excursión anual moi interesante. 


Despedímonos desexando que volvan a conectarse con nosoutros a vindeira semana, que será a ultima desta tempada e que lles prometemos facer outro programa moi entretido e cando menos igoal ou mellor se nos fora posible.

xoves, 21 de xuño de 2012

16 de XUÑO do 2012

Esta fin de semana tivemos que participar na representación teatral da obra "Os vellos non deben namorarse", adaptación feita pola directora do Grupo de Teatro Anduriña, da A.C.G.Rosalía de Castro e non puidemos estar en directo, pero fixemos un programiña entretido e moi axeitado, con algunhas intervencións moi interesantes. A primeira comunicación foi con don Julio López Mouriño, da Asociación Castaño e Nogal, Arquitecto e director do proxecto "Sendeiro Quintá-Río Donsal". Fálanos e dános información recente sobre o terceiro Campo de Traballo que xa están a preparar para este verán.




Despois falamos co Sr.Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, don Alfonso Rico. Dános súas impresións sobre a "Festa Galega de Can Mercader" e outras actividades que a Entidade ven realizando, convidando moi encarecidamente a asistencia á obra de Teatro que hoxe se representa no Patronat Cultural i Recreatiu de Cornellà. 




Novamente conectamos con Galicia, para falar, nesta ocasión con don Pablo López Vidal, diputado polo PSOE na Xunta de Galicia, con quen mantemos unha conversa moi enriquecedora e esclarecedora relacionada coa súa intervención e solicitude no Parlamento Galego, acerca dos incendios e moi concretamente o que aconteceu en Queguas, na Baixa Limia. 




Despedímonos cunha pequena lectura de novidades que nos chegan á Redacción, escollendo algunhas pezas da nosa música galega para desexarlle que pasen unha semana agradable.

luns, 4 de xuño de 2012

2 de XUÑO do 2012

Programa do sábado 2 de xuño

Comezamos dándolle a ben-vinda a tódolos nosos seguidores e adiatándolles o que pensamos facer durante estas dúas horiñas de radio en galego. Convidámolos a escoitar unha peza de música e conectamos con Galicia, coma sempre coa Baixa Limia para falarmos con Xosé Lamela que nos presenta ao convidado desta semana, Doutor Florencio Markina, cos que mantemos unha conversa interesante..

Na segunda hora falamos con Xulio Simón, que dende a poboación de Combarro, nas Rías Biaxas, fainos un percorrido polas noticias e novidades que escolle pra coñecer algo máis sobre a nosa cultura.

Despois falamos con CARMEN, a Xerente e propietaria da Vivenda Rural Xanela da Lúa, en Lira-Carnota (Costa da Morte), que nos fala das ofertas especiais para os que desexen disfrutar das súas instalacións, con descontos dun 50% se participan nun programa especial que están a levar a cabo no proxecto Torre de Mouros, os nenos gratis se contratan entre o 15 de xuño e o 15 de xullo e unha escapada romántica con cea de mariscos da zona e un precio moi axeitado. Prometemos voltar a falar con ela máis adiante, para sabermos máis dela e dos arredores.

E finalizamos o programa escoitando outra peza de música e lembrándolles que o vindeiro sábado non emitiremos, porque estamos de FESTAS (repetimos: Festa galega organizada pola A.C.G.Rosalía de Castro, en Can Mercader os días 8, 9 e 10), e o seguinte sábado, 16 de xuño, están convidados á representación teatral de OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE, do Grupo Anduriña da A. C. G. Rosalía de Castro, no Patronato Cultural i Recreatiu de Cornellà, ás 19 horas. Agardámolos a todos: ¡¡¡Feliz CORPUS e FELICES Festas!!!

Programa do 26 de MAIO

Este sábado non puidemos estar no programa, debido ao noso compromiso coa Asociación Cultural Galega AGARIMOS de Badalona, pero gracias ao bon facer e ao traballo que nos aporta o noso Técnico de SON, Marc Fort, puidemos emitir un programiña entretido, con música galega seleccionada. Seguro que non todo cumpre coas espectativas de audición que vostedes teñen. A nosa intención é cumplir cos seus desexos, así que para vindeiras ocasións agardamos as súas suxerencias e aportacións, para podermos complacer tódolos gustos e tendencias. Concretamente, poden enviarnos xa as súas comandas para a próxima entrega (enlatada) que será o día 16 de xuño vindeiro, debido á representación teatral que fará a compañía ANDURIÑA da Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO -e da que formamos parte, tanto un servidor como Armando Fernández-, no Patronato de Cornellà, como xa viñemos informando en anteriores ocasións. A obra a representar é unha adaptación de: OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE, de Daniel R.Castelao. Seguro que pasarán un ratiño moi agradable e entretido, xa que a proposta elexida pola nosa directora teatral dona Amelia, é moi engaiolante e divertida. 
Aquí lle deixamos a proposta musical escollida, dividia en dúas partes, para mellor elixir a audición que lles conveña.
1ª PARTE
2ª PARTE

SÁBADO 28 de XUÑO do 2025

Último programa desta tempada 2024-2025, que comezamos coa nosa sintonía de sempre e anunciando en qué consiste o programa que temos prepara...