domingo, 7 de outubro de 2012

6 de outubro do 2012

O noso Equipo: Marc, X.Couxil e Armando.
Unha nova entrega deste noso programiña en galego. Dúas horiñas de radio para tódolos nosos oíntes e seguidores. Comezamos unha nova tempada, con azos e desexos de compartir con todos vostedes as inquedanzas e novidades que se vaian sucedendo ao redor da nosa cultura, en especial da galega. Comezamos, como lles diciamos ao principio, cos mesmos desexos de tempadas anteriores, pero tentando superarnos e ofrecerlles o mellor de nós. formamos o mesmo equipo da tempada anterior, sin desbotar a posibilidade de incorporar algunha que outra novidade. Nos controis o noso técnico MAR FORT, na locución e Redacción o noso amigo Armando Fernández e un servidor de vostedes Xulio Couxil. Dende Galicia, concretamente na Baixa Limia, e na primeira hora XOSÉ LAMELA. Nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN. Nas Rías Altas PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense. 
   
E como cada semana comezamos coa primeira conexión, en Ourense:Xosé Lamela preséntanos a don SIMONE SAIBENE, Director da película "9 OLAS", cos que mantemos unha conversa ilustrativa sobre a película e outras cousas. 

   A seguir, na segunda hora conectamos con Xulio Simón, que como cada ano, fálanos dende a capital lucense, xa que se atopa disfrutando dun bocadiño de lecer con motivo das Festas de San Froilán. Agradecémoslle a súa colaboración e agardamos voltar a comunicarnos con a vindeira seman, que seguro nos terá preparado algunha novidade dende Combarro, o seu sitio habitual de conexión. 
   Mudamos de tema, e nesta ocasión conectamos con PABLO DÍAZ, lider e alma mater do grupo de música ALEN DE ANCOS, de Ferrol, a quen coñecimos no Festival-Concerto Músico-Poético de Quintá de Cancelada, que se celebrou o pasado 25 de agosto nesa localidade dos Ancares Lucenses, para agasallar aos voluntarios do Campus Internacional de traballo do Sendeiro Quintá-Río donsal, e do que xa lles temos falado aquí, no noso programa, noutras ocasións. Conversamos con el sobre o grupo e sobre a súa música. 
   
A vindeira semana voltaremos con todos vostedes. 
                               ¡Agardámolos!

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...