Este sábado non puidemos estar no programa, debido ao noso compromiso coa Asociación Cultural Galega AGARIMOS de Badalona, pero gracias ao bon facer e ao traballo que nos aporta o noso Técnico de SON, Marc Fort, puidemos emitir un programiña entretido, con música galega seleccionada. Seguro que non todo cumpre coas espectativas de audición que vostedes teñen. A nosa intención é cumplir cos seus desexos, así que para vindeiras ocasións agardamos as súas suxerencias e aportacións, para podermos complacer tódolos gustos e tendencias. Concretamente, poden enviarnos xa as súas comandas para a próxima entrega (enlatada) que será o día 16 de xuño vindeiro, debido á representación teatral que fará a compañía ANDURIÑA da Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO -e da que formamos parte, tanto un servidor como Armando Fernández-, no Patronato de Cornellà, como xa viñemos informando en anteriores ocasións. A obra a representar é unha adaptación de: OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE, de Daniel R.Castelao. Seguro que pasarán un ratiño moi agradable e entretido, xa que a proposta elexida pola nosa directora teatral dona Amelia, é moi engaiolante e divertida.
Aquí lle deixamos a proposta musical escollida, dividia en dúas partes, para mellor elixir a audición que lles conveña.
1ª PARTE
2ª PARTE
Ningún comentario:
Publicar un comentario