xoves, 21 de xuño de 2012

16 de XUÑO do 2012

Esta fin de semana tivemos que participar na representación teatral da obra "Os vellos non deben namorarse", adaptación feita pola directora do Grupo de Teatro Anduriña, da A.C.G.Rosalía de Castro e non puidemos estar en directo, pero fixemos un programiña entretido e moi axeitado, con algunhas intervencións moi interesantes. A primeira comunicación foi con don Julio López Mouriño, da Asociación Castaño e Nogal, Arquitecto e director do proxecto "Sendeiro Quintá-Río Donsal". Fálanos e dános información recente sobre o terceiro Campo de Traballo que xa están a preparar para este verán.




Despois falamos co Sr.Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, don Alfonso Rico. Dános súas impresións sobre a "Festa Galega de Can Mercader" e outras actividades que a Entidade ven realizando, convidando moi encarecidamente a asistencia á obra de Teatro que hoxe se representa no Patronat Cultural i Recreatiu de Cornellà. 




Novamente conectamos con Galicia, para falar, nesta ocasión con don Pablo López Vidal, diputado polo PSOE na Xunta de Galicia, con quen mantemos unha conversa moi enriquecedora e esclarecedora relacionada coa súa intervención e solicitude no Parlamento Galego, acerca dos incendios e moi concretamente o que aconteceu en Queguas, na Baixa Limia. 




Despedímonos cunha pequena lectura de novidades que nos chegan á Redacción, escollendo algunhas pezas da nosa música galega para desexarlle que pasen unha semana agradable.

Ningún comentario:

SÁBADO 28 de XUÑO do 2025

Último programa desta tempada 2024-2025, que comezamos coa nosa sintonía de sempre e anunciando en qué consiste o programa que temos prepara...