luns, 4 de xuño de 2012

2 de XUÑO do 2012

Programa do sábado 2 de xuño

Comezamos dándolle a ben-vinda a tódolos nosos seguidores e adiatándolles o que pensamos facer durante estas dúas horiñas de radio en galego. Convidámolos a escoitar unha peza de música e conectamos con Galicia, coma sempre coa Baixa Limia para falarmos con Xosé Lamela que nos presenta ao convidado desta semana, Doutor Florencio Markina, cos que mantemos unha conversa interesante..

Na segunda hora falamos con Xulio Simón, que dende a poboación de Combarro, nas Rías Biaxas, fainos un percorrido polas noticias e novidades que escolle pra coñecer algo máis sobre a nosa cultura.

Despois falamos con CARMEN, a Xerente e propietaria da Vivenda Rural Xanela da Lúa, en Lira-Carnota (Costa da Morte), que nos fala das ofertas especiais para os que desexen disfrutar das súas instalacións, con descontos dun 50% se participan nun programa especial que están a levar a cabo no proxecto Torre de Mouros, os nenos gratis se contratan entre o 15 de xuño e o 15 de xullo e unha escapada romántica con cea de mariscos da zona e un precio moi axeitado. Prometemos voltar a falar con ela máis adiante, para sabermos máis dela e dos arredores.

E finalizamos o programa escoitando outra peza de música e lembrándolles que o vindeiro sábado non emitiremos, porque estamos de FESTAS (repetimos: Festa galega organizada pola A.C.G.Rosalía de Castro, en Can Mercader os días 8, 9 e 10), e o seguinte sábado, 16 de xuño, están convidados á representación teatral de OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE, do Grupo Anduriña da A. C. G. Rosalía de Castro, no Patronato Cultural i Recreatiu de Cornellà, ás 19 horas. Agardámolos a todos: ¡¡¡Feliz CORPUS e FELICES Festas!!!

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...