Último programa desta tempada 2024-2025, que comezamos coa nosa sintonía de sempre e anunciando en qué consiste o programa que temos preparado. Unha grabación que fixemos para poder ofrecervos dúas horas de Radio en Galego, porque non poderemos estar en directo a causa de certas obrigas persoais ineludibles, pero que coidamos serán de certo interese para tódolos nosos escoitantes e seguidores. Depois dun bocadiño de música escoitaremos a colaboración de FRANCISCO XABIER GONZÁLEZ DÍAZ, Ténico de Educación e Cultura do Concello de Pantón, que nos fai un pequeno percorrido moi interesante relacionado con ese municipio da Ribeira Sacra, e que contén abondosa información sobre moitas ofertas culturais e de lecer que se poden atopar próximamente e convídanos a visitalos neste verán para disfrutar coas múltiples actividades e festividades que terán iste ano. Agradecémoslle a súa aportación e desexamos que teñan moito éxito.
A continuación escoitamos a colaboración do noso correspondente en Pontevedra, XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten preparada unha serie de propostas para visitar. Localidades con algún recuncho de certo interese que el mesmo ten recollido nas súas reportaxes e documentacións gráficas, e tamén nos fala dalgún que outro elemento cutural e etnográfico relacionado con algunha localidade galega ou portuguesa. Coméntanos que visitará próximamente o Couto Mixto, para asisitir á entrega e nomeamento dos "Xuíces e xuízas Honorarios/as do Couto Mixto" previsto para a primeira fin de semana do mes de xullo. Desexámoslle que o disfrute e que teñan un feliz verán.
Continuamos o programa dándolle paso ao noso colaborador e antigo Presidente que foi da A.C.G. Rosalía de Castro, HENRIQUE FERNÁNDEZ-MON SÁNCHEZ, que nos fai unha descrición moi ampla, a modo de recopilación, dos inicios desta Entidade que el mesmo axudou a fundar, xunto cunha presa de compañeiros e amigos galegos naquela época. Tamén se lembra das outras Asociacións que proliferaron e se fundaron aproximadamente por aquelas datas. Quere diferenciar esta Asociación, con respecto das outras, sen menospreciar a ningunha, porque os obxetivos desta que, el mesmo presidiu, estaban moi centrados en acoller aos galegos e fillos de galegos para que tiveran un lugar de reunión e disfrutaran dunha completa oferta cultural en tódolos sensos. Moi interesante reflexión e aportación.
E por último contamos coa colaboración e aportación do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que nesta ocasión nos fala dunha experiencia ciclista moi interesante, que fixo por terras francesas, moi recomendable para tódalas persoas aficionadas e que desexen coñecer esas rutas do "Midi Francés". Tamén nos fala de diversas actividades en Pontevedra e arredores. Desexámoslle que teña un feliz verán.
Deixamos aquí o programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario