Verbena de San Xoan. Comezamos o programa adiantándolles que teremos algunhas sorpresas moi agradables para todos os nosos seguidores. Coma cada semana encetamos coa sintonía de sempre e deseguida comunicámonos con Galicia, coa Baixa Limia, para falarmos con Xosé Lamela, que nos presenta a don MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, Ilmo.Sr.Alcalde de COLES, e cos que mantemos unha conversa moi enriquecedora e ilustrativa referente ás moitoas e boas propostas que dende o seu Concello se están a poñer en práctica, aproveitando a creación dese Viveiro de Empresas que tanto éxito está a acadar. Desexámoslle que continúe así e prometémoslles visitalos cando vaiamos de vacacións, aló polo verán próximo.
Aínda sen comezar a segunda hora conectamos con CARNOTA - LIRA, concretamente con CARMEN, da XANELA DA LÚA, que nos da a coñecer unha serie de ofertas especiais para poder disfrutar da súa Vivenda Rural. Seguro que algún dos nosos oíntes e seguidores aproveitarán a ocasión para visitar aquela zona e disfrutar duns días de lecer e descanso naquel lugar engaiolante. Recomendámosllelo.
Na segunda hora concetamos con Galicia, co Xulio Simón, que dende Combarro, como cada fin de semana ponnos os dentes largos dicíndonos que vai a degustar, tan axiña como deixe de comunicarnos con nosoutros, dunha saridñada que están a preparar nas Festas Grandes de Poio, o Concello veciño, e despois saltará as cacharelas que se farán para celebrar o solxticio de verán, e a noite máxica de San Xoan. Nese memso momento chega aos nosos estudios dona Sabela Labraña, Profesora da Universidade de Barcelona, quen tamén aproveita para saudar ao noso correspondente e amigo común.
Antes de rematar a nosa convidada e amiga de hoxe, Sabela Labraña, dalles información a todos das oportunidades que teñen os posibles alumnos da Universidade para poder acceder aos estudos de Lingua e Cultura Galega, así como de cursar os estudos universitarios relacionados co Galego e co Portugués. Despois fainos un pequeno percorrido pola proposta GALAUDA, que paga a pena deterse un chisco na súa web, xa que levan dende o 1995 realizando cursos de Galego nos Institutos e achegando aos seus alumnos a Galicia nunha excursión anual moi interesante.
Despedímonos desexando que volvan a conectarse con nosoutros a vindeira semana, que será a ultima desta tempada e que lles prometemos facer outro programa moi entretido e cando menos igoal ou mellor se nos fora posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario