Como cada sábado saudamos moi cordialmente a tódolos nosos oíntes e seguidores adiantándolles que faremos un programa con moitas novidades e entretido, para tentar compracervos. En primeiro lugar conectaremos con Galicia para falarmos co noso correspondente da Baixa Limia, despois falaremos con PEDRO PÉREZ, o Presidente do GrupoDUPLEX, tamén teremos tempo para comunicármonos con don ERNESTO LAGARÓN, Presidente de Saudade que foi elexido novamente para pertencer á Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas no Exterior. Na segunda hora conectaremos con Galicia novamente para falarmos con Xulio Simón, como cada semana. Tentaremos que nos digan algunha cousa dende a nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro e remataremos propoñéndolles escoitar a nosa sintonía.

Deseguida conectamos con PEDRO PÉREZ - Presidente do GRUPO DUPLEX -, a quen aproveita Armando para felicitalo pola súa honomástica pasada. Como case sempre que nos poñemos en contacto con el, temos a sorte de recibir e sermos os primeiros en dar a coñecer unha das primicias máis interesantes relacionadas coas xoias. Agradecémoslle a súa colaboración e o patrocinio que nos profesa.
Na seguinte conversa-entrevista tamén temos que felicitar a don ERNESTO LAGARÓN, Presidente da A.C.G. SAUDADE, que ven de ser elixido, novamente, para a Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas no Exterior. Tamén nos informa dun próximo Congreso participativo para os xóvenes, no vindeiro curso, e do que teremos cumprida información en próximas datas.
A segunda hora comezámola comunicándonos con XULIO SIMÓN, como cada semana. Como xa remata o curso atópase clebrándoo cos compañeiros e amigos de traballo así que aproveita esta ocasión para agasallarnos coa interpretación da peza tan popular "Camariñas", acompañados do acordeón do Sr.Castro. Dámoslle as gracias e desexámoslle unhas felices vacacións, tan merecidas.
Conectamos con Xosé Carlos G.García, responsable de Cultura da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro para comentarnos as moitas e positivas actividades que están a realizar e aproveita para convidarnos a todos a que participemos delas, agradecendo as aportacións que veñen realizando todos os socios.
Non nos foi posible falar co noso Poeta da Mariña Lucense, Paco Rivas. Desexámoslle que teña unhas felices vacacións e prometémonos volver o vindeiro día 6 de outubro para comezar unha nova tempada.
Que teñan todos un verán cheo de lecer e que todos poidamos "cargar as pilas" para comezar o novo curso con moitos azos e moita forza para acadar tódolos obxectivos que nos propoñamos.
¡¡¡ Moi boas Vacacións a todos!!!
e non se esquezan de sintonizarnos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario