José Romero e Alfredo González |
A nova tempada comezará o día 6 de outubro, pero aproveitando que fixemos unha gravación de varias horas, do FESTIVAL-CONCERTO en Quintá de Cancelada, o día 25 de agosto pasado, quixemos ofrecervos este ESPECIAL, adicado á Asociación "CASTIÑEIRO E NOGUEIRA". É a primeira vez que nos atrevemos a saír dos estudios da nosa Redacción e gravar as diferentes intervencións e entrevistas que poderían ser interesantes para tódolos oíntes, polo tanto pedímosvos desculpas polos erros que seguro atoparedes, pero fixémolo coa mellor das vontades e tentando compracervos.
Comezamos informándolles do que foi esa experiencia e cómo se argallou este evento. Neste primeiro corte-gravación poderedes escoitar a primeira das intervencións do Concerto, a cargo de José Romero (acordionista) e Alfredo González (cantautor).
Alen de ANCOS |
A continuación unha pequena entrevista-conversa que mantivo o noso amigo Armando Fernández con Carlos Caaveiro. Un dos compoñentes do Grupo ALEN DE ANCOS, do Ferrol, tamén participantes e colaboradores do Festival. Tentaremos falar con eles en directo en vindeiras emisións, para que nos falen dos seus proxectos.
Seguindo nesta liña de entrevistas, tocoume a min falar con LAURA, de Madrid, unha das colaboradores e voluntarias do Segundo Campus Internacional do Sendeiro Quintá de Cancelada-Río Donsal.
Carlos A.ARES |
Os asistentes a este magnífico FESTIVAL, tiveron a oportunidade de aplaudir as diferentes intervencións dos artistas antes mentados, pero tamén disfrutaron da participación de CARLOS ALBERTO ARES, un mozo galego de 15 anos, cunha preparación musical extraordinaria, con quen mantivemos unha pequena conversa telefónica para que nos dixera algo daquela experiencia e das súas perspectivas de futuro. Agradecémosllo e contamos poder voltar a falar con el dos seus éxitos e novas musicais.
A Val de Quintá |
Escollimos tamén varias intervencións de don ANTONIO ALVAREZ, o Presidente da Asociación Castiñeiro e Nogueira. Durante máis de dúas horas estivo exercendo de Xefe de Cerimonias do Acto. Os músicos e poetas tamén agasallando coas súas intervencións a tódolos asistentes, e moi en especial aos Voluntarios do Campus Internacional de Traballo, e a moitos dos colaboradores e socios.
Sentimos non poder ofrecerlles as intervencións de dona Helena Villar Janeiro e do seu esposo don Xesús Rábade Paredes, que interviron declamando algunha das súas creacións poéticas. Non se escoitan ben as gravacións que fixemos. Pero sí que podemos ofrecerlles, para rematar, a intervención dun socio-poeta da Entidade que nos deleitou coa declamación dunha das súas creacións. E finalizamos a confección deste Programa Especial coa intervención de tódolos Voluntarios, xunto cos músicos e o mesmo Armando, na interpretación dunha peza de música que leva por título: Agua que no has de beber.
Os voluntarios cantando |
José Ramón e Antonio Alvarez |
Ningún comentario:
Publicar un comentario