sábado, 26 de febreiro de 2022

SÁBADO 26 de FEBRERIRO do 2022

Sábado de "Entrudio" que pretendemos celebrar ofrecéndolles dúas horiñas de Radio en Galego. Conectando con Galicia, entrevistas interesantes, dándolles informacións varias e adubiando todo con algunhas pezas da nosa música. A primeira intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte (quepasanacosta.gal), Oscar da Fontiña, que nos envía a súa crónica semanal.

Escoitamos un bocadiño de música e dámoslle a ben-vinda ao noso amigo e colaborador Henrique Fedez-Mon Sánchez, a quen saudamos e agradecémoslle a súa participación de hoxe. Tamén saudamos a Olga Novoa, poeta en Ourense, que nos fala do novo número (o 6º) da Revista "Nós, a Xente do Redor". Agradecémoslle que nos atenderatan amablemente.

Continuamos a emisión poñéndonos en contacto con María Carmen Caramés Gorgal, a quen felicitamos polo seu cumpleanos e tamén lle enviamos os nosos parabens por ter acadado o Premio Juan Gilabert, "XXXIX Premio Ciutat de Valencia", pola súa obra que leva por título: "De tu tacto". Desexamos que siga colleitando moitos éxitos e que teña un feliz día.

Chamamos ao noso compañeiro Armando Fernández, que hoxe está no seu "Liñares" natal, por mor dunha circunstancia familiar de obrigado cumplimento, pero aínda ten folgos para falar con nosoutros, cousa que lle agradecemos moi de veras.

E despois de darlles a coñecer unha noticia que nos chegou a Redacción, relacionada coa Memoria Histórica de Celanova e que nos envióu a Presidenta da citada Asociación da Memoria Histórica de Celanova, dona Celia Inés Feijoo. Comentamos algunhas cousas co noso colaborador de hoxe, Henrique Fedez-Mon Sánchez, e despedímonos de tódolos nosos oíntes e seguidores ate o vindeiro sábado.

Voltamos a "colgar" aquí o programa enteiro. 

¡Que teñan unha feliz semana!

sábado, 19 de febreiro de 2022

SÁBADO 19 de FEBREIRO do 2022

Elisabeth Oliveira
Comezamos, un día máis, este noso programiña de dúas horas en galego, coa sintonía de sempre e ofrecéndolles unha peza de María Bethania, para recibir á primeira convidada de hoxe, dona ELISABETH OLIVEIRA, Licenciada en Letras Modernas pola Univesidade de Lille e en Filoloxía Francesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Falamos do seu libro de poesías "POESIS" que conten creacións nos catro idiomas: Galego, Portugués, Francés e Castelán. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos exitos.

A segunda intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, OSKAR DA FONTIÑA, que sempre ten preparada unha crónica resumida dos acontecementos máis salientables daquela zona. Voltamos a repetir, coma sempre, que teñen máis ampliación desa noticias na páxina oficial de quepasanacosta.gal. ¡Moitas Grazas, Oskar!

Continuamos o programa e recibimos a participación colaborativa do noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, ainda que hoxe atópase na Costa Brava...
 

Conectamos coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira. A súa crónica semanal conten asuntos culinarios e outras interesantes novidades.


Falamos a continuación con dona Celia Pereira Porto, Presidenta da Fundación Vicente Risco, que están a celebrar un acontecemento de grande relevancia: Conmemoración do Centenario da IV Asamblea Nacionalista das Irmandades da Fala, en Monforte de Lemos. Esta xornada estivo coorganizada polo Consello da Cultura Galega, a Fundación Otero Pedraio, a Fundación Vicente Risco e o Concello de Monforte. Celebráronse ponencias por parte de varios intelectuais de grande talla, como Emilio Xosé Ínsua López, e Aurora Marco... ... Estivo como coordinadora a grande poetisa Olga Novo... e clausurará a Xornada a nosa amiga e admirada artista cantautora galega Uxía Trío. Desexámoslle moitos éxitos.

Xurxo Alvarez García 
Temos o privilexio e a honra de entrevistar a Jorge Álvarez García. Diseñador da vestimenta que luciron os acompañantes e as propias artistas do Benidorm-Fest, Tanxugueiras. Mantemos unha conversa (cativa pero intensa) moi distendida e interesante. Agradecémoslle a súa participación e desexámoslle que siga acadando moitos máis éxitos cos seus diseños e cos desfiles.
 

Finalizamos as intervencións coa conexión co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, con quen mantemos sempre unha conversa interesante.

Desexamos que teñan unha feliz semana. Aquí deixamos o programa completo.

domingo, 13 de febreiro de 2022

Día MUNDIAL da RADIO

Como unha aportación máis a tódalas celebracións que se realizarán no Mundo enteiro, queremos facer esta nosa aportación para felicitar a tódolos RADIOFONISTAS do MUNDO coa fermosa e desinteresada participación do grande Actor Galego FEDERICO PÉREZ REY. Desexamos que teñan un fantástico día da RADIO e auguramos a Tod@s unha comunicación flúida chea de ensino e información segura.


¡FELIZ DÍA da RADIO!





sábado, 12 de febreiro de 2022

Sábado 12 de FEBREIRO do 2022

Guadi Galego
Outro sábado máis con todos vosoutros. Hoxe temos que disculpar a ausencia nos estudios do noso compañeiro Armando Fernández, que se atopa disfrutando dunha actividade de lecer con outros moitos socios e amigos. Ofrecémoslles unha peza de música para poder conectar en directo con Guadi Galego, con quen falamos da súa próxima actuación do Barnasants mañá mesmo, día 13 ás 19h. Conversamos sobre o seu ultimo traballo "Costuras", sobre os seus Concertos e previsións futuras... ... Agradecémoslle que nos atendera e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.

A seguinte intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte Oscar da Fontiña, que nos fai a súa crónica semanal escollendo algunhas das noticias máis interesantes que suceden por alí. Os nosos oíntes e seguidores poden ampliar esta información entrando na páxina "quepasanacosta.gal". Voltamos a indicar, a tódolos nosos oíntes e seguidores que este programa reemítese en Radio Roncudo e Radio Neira, os domingos de 12 a 14h.

 

Continuamos emisión e poñémonos en contacto co noso compañeiro Armando Fernández. Aproveitando que está a disfrutar dun día de xuntanza, cóntanos en qué consistiu esa viaxe da que disfrutou hoxe. Unha colçotada acompañada de carne, butifarra e moi boa compañía. Tamén dedicaron un espazo para algunha que outra visita cultural.

A segunda hora comezámola conectando co noso amigo e colaborador Xulio Simón, que se reincorpora a esta emisión radiofónica, despois dun pequeno tempo de "descanso obrigado" por mor dunha posta a punto sanitario. Como sempre fainos un pequeno percorrido por algunhas informacións culturais. Agradecemos a súa estimada colaboración e agardamos voltar a contar con el o vindeiro sábado.

Manuel Costiña
Unha primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores é a seguinte conexión, nada menos que con don Manuel Costiña, dono do "Restaurante RETIRO DA COSTIÑA" - Estrella Michelín, situado na Avenida de Santiago, 12 de Santa Comba, pertiño de Santiago de Compostela. Mantemos unha conversa-entrevista moi ilustradora de cómo podemos acceder a ese establecemento que nos enche de honra a tódolos galegos pola exquisitez na súa atención e menús de grande calidade. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que siga colleitando éxitos.

Damos conta dalgunhas informacións locais relacionadas tamén coa cultura: O próximo luns 14/02 teremos na Universitat de Barcelona ao historiador don Ramón Villares facendo unha charla sobre Cultura e Política na Galicia do século XX: de 16:30 a 17:30 na Aula 102b. E ao día seguinte, 15/02 estará presentando o seu libro "Cultura e política na Galicia do século XX" na librería La Memoria de Gracia, ás 18:30.

Finalizamos o programa escoitando un bocadiño máis de música e despedíndonos ate o vindeiro sábado. Aquí colgamos o programa enteiro para quen o desexe.

Xulio Couxil Vázquez
1 comentario
Me gusta
Comentar
Compartir

sábado, 5 de febreiro de 2022

Sábado 5 de FEBRERIRO do 2022

Comezamos a emisión de hoxe coa nosa sintonía de sempre, dándolles a ben-vida e ofrecéndolles escoitar unha peciña musical para despois conectar co noso correspondente na Costa da Morte, Oscar M. Rey, que sempre ten preparada a súa crónica semanal. Coma sempre algo reducida, pero que os nosos oíntes e seguidores poden ampliar na excelente páxina quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa estimada colaboración e aportación.

A continuación falamos con Cándido Pazó, Director de escena Teatral, Autor, Narrador Oral e Actor Galego. Parabenizámolo porque virá a Barcelona a estrear a obra "Cigarreras", en castelán, aínda que xa a interpretaron en Galicia e en galego "Gigarreiras". Estarán no Teatre Romea dende o día 22 de febreiro ate o día 6 de marzo. Adiántanos un bocadiño e infórmanos do contido desta obra baseada nun texto de Emilia Pardo Bazán. As entrada pódense reservar con antelación e teñen un custo máis barato si se mercan antes da estrea. Desexámoslles moitos éxitos.

Seguimos a emisión e conectamos con Xoan Eiriz, cantautor do que escoitamos unhas peciñas do seu último traballo que leva por título: Amada Rosalía. Son catro pezas interpretadas por Xoan, con música de Nacho Varela e os poemas do noso admirado amigo poeta Suso Díaz. ¡Grazas pola túa aportación, Xoan!

Conectamos con Fernanda Follana Neira, a nosa correspondente nos Ancares Lugueses, para recibir a súa crónica semanal.

E falamos co noso amigo e colaborador Henrique Fdez-Mon Sánchez. Comentamos algúns aspectos da actual situación relacionada coa nefasta proposta de poñer en marcha un Parque de Muiños de Vento naquelas montañas luguesas. Tamén nos comenta algunha cousa relacionada coa explotación gandeira.

Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. 


 

sábado, 29 de xaneiro de 2022

SÁBADO 29 de XANEIRO do 2022

Leandro
Cristina Corral Soilan
Comezamos coa nosa sintonía habitual saudando a tódolos nosos oíntes e seguidores e despois de escoitar un bocadiño de música, coma sempre, conectamos con Galicia para manter unha conversa-entrevista con CRISTINA CORRAL SOILÁN, xunto con LEANDRO LAMAS. Felicitámolos a ambos pola recente publicación do libro NO FAIADO. A creatividade literaria correspóndelle a Cristina e as ilustracións son de Leandro. Unha ampla conversa para coñecer algo máis sobre esa publicación editada por Edicións Embora, que seguro tódolos nosos oíntes e seguidores interesados poderán adquirir próximamente. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles moitos éxitos.

A segunda intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, concretamente en Fisterra, para recibir a súa crónica semanal con informacións e noticias de interese relacionadas con aquela contorna. Voltamos a repetir que para ampliar informacíon e noticias de interese poden entrar na páxina:  Que Pasa na Costa.gal, onde atoparán, máis polo miudo, as noticias que nos avanza Oscar M. Rey. Lembrámosvos que este programiña reemítese por Radio Roncudo e Radio Neira os domingos de 12 a 14h.

 

Despois de escoitar outro bocadiño de música conectamos novamente con Galicia, concretamente A Fonsagrada, onde se atopa o noso amigo e grande reporteiro gráfico Manuel Fernández, máis coñecido por Manolo Foteiro. Ponnos ao corriente da celebración da "Feira do Butelo" de A Fonsagrada, declarada de Interese Turístico Galego e que nesta ocasión cumple 25 anos de existencia. Enviámoslle os nosos parabens, pola parte que lle toca e infórmanos de varios aspectos da Feira, das súas colección de máquinas de fotos, de reloxos, de reportaxes e videos, de proxectos nos que está involucrado e doutras cousas de interese. Agradecémoslle a súa participación.

E despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Sexan Felices!


luns, 24 de xaneiro de 2022

SÁBADO 22 de XANEIRO do 2022

Terceiro programa deste ano 2022. Comezamos saudando a tódolos nosos oíntes e seguidores a escoitamos a María Bethania coa peza "Sonho meu" para conectar co noso correspondente na Costa da Morte, Oscar M. Rey, que nos envía a súa crónica semanal. Para saberdes algo máis relacionada con estas terras podedes entrar na páxina: https://www.quepasanacosta.gal/. Agradecémoslle, coma sempre, a súa moi estimada colaboración estimada.


Fransy González
A segunda intervención é con FRANSY González, Profesora de baile e canto. Unha das voces máis representativas da música tradicional galega. Dende moi noviña formou parte da Asociación XIRADELA. Ao longo da súa carreira ten gravado e colaborado con artistas como Carlos Núñez, Dulce Pontes, Jorde Savall, Erik Marchand, The Chieftains e actualmente forma parte do trio  Fransy, Davide e Cibrán. Felicitámola polo seu labor de profesora e de receptora e recolledora de cantos e músicas tradicionais da zona de Bergantiños. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Conectamos con Olga Novoa. Agradecémoslle o envío que nos fixo dos exemplares da revista cultural que axuda a publicar: "Nós, a Xente do Redor". Editada en Ourense ten a participación de moitos e grandes poetas, escritores, pintores e persoas de recoñecida valía. Seguiremos en contacto.

A segunda hora dámoslle a ben-vida a dona África González Fernández, Médica Catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo, cofundadora da empresa Nanoinmunotech e académica da Real Academia de Farmacia de Galicia. Agradecémoslle a súa amable atención. Axúdanos a coñecer algo máis sobre cómo temos que comportarnos e o que posiblemente vai acontecer coa pandemia que estamos a padecer.
 

Continuamos o programa recibindo a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira. Novidades e informacións precisas dos aconteceres naquela contorna.

Despedímonos dos nosos oíntes e seguidores ata o vindeiro sábado á mesma hora.


SÁBADO 17 de OTUBRO do 2026

Acabamos de recibir un "Alert" da Generalitat e polo tanto teremos un programa alterado, xa que debemos abandonar os estudios ante...