sábado, 26 de febreiro de 2022

SÁBADO 26 de FEBRERIRO do 2022

Sábado de "Entrudio" que pretendemos celebrar ofrecéndolles dúas horiñas de Radio en Galego. Conectando con Galicia, entrevistas interesantes, dándolles informacións varias e adubiando todo con algunhas pezas da nosa música. A primeira intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte (quepasanacosta.gal), Oscar da Fontiña, que nos envía a súa crónica semanal.

Escoitamos un bocadiño de música e dámoslle a ben-vinda ao noso amigo e colaborador Henrique Fedez-Mon Sánchez, a quen saudamos e agradecémoslle a súa participación de hoxe. Tamén saudamos a Olga Novoa, poeta en Ourense, que nos fala do novo número (o 6º) da Revista "Nós, a Xente do Redor". Agradecémoslle que nos atenderatan amablemente.

Continuamos a emisión poñéndonos en contacto con María Carmen Caramés Gorgal, a quen felicitamos polo seu cumpleanos e tamén lle enviamos os nosos parabens por ter acadado o Premio Juan Gilabert, "XXXIX Premio Ciutat de Valencia", pola súa obra que leva por título: "De tu tacto". Desexamos que siga colleitando moitos éxitos e que teña un feliz día.

Chamamos ao noso compañeiro Armando Fernández, que hoxe está no seu "Liñares" natal, por mor dunha circunstancia familiar de obrigado cumplimento, pero aínda ten folgos para falar con nosoutros, cousa que lle agradecemos moi de veras.

E despois de darlles a coñecer unha noticia que nos chegou a Redacción, relacionada coa Memoria Histórica de Celanova e que nos envióu a Presidenta da citada Asociación da Memoria Histórica de Celanova, dona Celia Inés Feijoo. Comentamos algunhas cousas co noso colaborador de hoxe, Henrique Fedez-Mon Sánchez, e despedímonos de tódolos nosos oíntes e seguidores ate o vindeiro sábado.

Voltamos a "colgar" aquí o programa enteiro. 

¡Que teñan unha feliz semana!

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...